O sábado, 27 de xaneiro do 2018, continuando co plan que dende a área de Educación Física pretendemos levar a cabo de potenciar e favorecer o achegamento do alumnado a modalidades deportivas pouco practicadas no noso contexto, asistimos a unha Xornada de Bádminton.
Nesta ocasión, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro tivo a oportunidade de participar na Xornada de Bádminton que se disputou no Pavillón Polideportivo en Trazo, incluída no Programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
O CEIP ADR Castelao contou coa participación dun total de 12 alumnos/as (6 benxamíns, 5 alevíns e 1 infantil).
Na Xornada, ademais do noso centro, participaron as Escolas Deportivas de: Trazo, O Pino, Melide e Toques.