CONCERTO NA AULA DE MÚSICA

Neste remate de curso tivemos un concerto moi especial na Aula de Música: dous gaiteiros do noso concello e catro alumnos/as do C.E.I.P. Castelao ensináronnos os instrumentos da música tradicional galega e interpretaron varias pezas coas que fixeron cantar e bailar aos rapaces e rapazas de primeiro nivel.

Moitas felicidades a Rodrigo de 4ºA polo ben que nos explicou como son e como soan o tamboril e o bombo e a Daniela, Lucía e Nuria, alumnas de 1º que actuaron como pandereteiras e o fixeron de marabilla.

Dende a Aula de Música queremos agradecer a Servando, profesor de gaita, e a Antonio, gaiteiro;  a súa colaboración desinteresada para preparar este recital e amosarnos o seu bo facer pola música tradicional galega.

Tamén agradecemos a colaboración da profe Patricia que nos puxo en contacto con estes estupendos artistas.

Esperamos vervos e escoitarvos de novo no vindeiro curso.