Na última de semana do curso as sorpresas non deixan de acompañarnos. Desta vez recibimos unha visita moi especial; Ana Meilán veu ao cole a falarnos e contarnos moitas cousas sobre Simón, o protagonista da súa obra "Bágoas baixo a cama" ou "Lágrimas bajo la cama".
Acudiron a vela, nos tres pases que ofreceu, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.
Grazas pola túa visita Ana Meilán; e á profe Rocío por convencerte para vir!!