O SAMAÍN NA BIBLIOTECA DO COLE...

 

Na Biblioteca do Castelao seguen a pasar moitas cousas…

 

Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan a visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

 

Dende a Biblioteca fixéronse propostas de lectura, decorouse o espazo e preparouse todo para desfrutar cun contacontos moi especial preparado por Rocío, unha mestra de Educación Infantil do centro.

 

Mirade algunhas imaxes destes días…

 

 

 

 

E agora podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria asistindo a un contacontos moi especial. A historia facía fincapé en como podemos facer fronte aos nosos medos...

 

Encantounos a todos/as, grandes e pequenos/as!!

 

 

 

Moitas grazas Rocío, a ti e ás túas compañeiras de aventuras!!