samaín

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Ola  amiguiñ@s!

Como  xa  sabedes,  esta  semana  celebramos  o  Samaín  no  noso  colexio, e  a  nosa biblioteca  non  ía  ser menos, por  iso  veño  a  mostravos  unha   pequena exposición  de  libros  moi  arrepiantes. Podedes  ir  botarlles  unha  ollada,  son  terroríficos.  Quen  se  anima?

 

 

 

 

 

   

Botalerias

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO...

Con motivo da conmemoración do Samaín, na nosa Biblioteca podemos ver unha seleción de libros de medo, bruxas, historias de terror... que faran que non sexamos capaces de deixar de ler!!!

Tamén ambientamos os recunchos de lectura... mirade que ben quedaron!!

 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O Samaín chegou á Casa de Botalerias...

Dende o Equipo da Biblioteca, quixemos colaborar na conmemoración do Samaín. Para elo, ambientamos o noso espazo con motivos terroríficos e fixemos unha recompilación de libros que temos a disposición de todo o profesorado e alumnado para consultar nestas datas... agardamos sexan do voso "desagrado" Guiño 

 

 

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA DO COLE...

 

Na Biblioteca do Castelao seguen a pasar moitas cousas…

 

Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan a visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

 

Dende a Biblioteca fixéronse propostas de lectura, decorouse o espazo e preparouse todo para desfrutar cun contacontos moi especial preparado por Rocío, unha mestra de Educación Infantil do centro.

 

Mirade algunhas imaxes destes días…

 

 

 

 

E agora podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria asistindo a un contacontos moi especial. A historia facía fincapé en como podemos facer fronte aos nosos medos...

 

Encantounos a todos/as, grandes e pequenos/as!!

 

 

 

Moitas grazas Rocío, a ti e ás túas compañeiras de aventuras!!