HOSPITAL DE LIBROS.

Na nosa biblioteca temos un novo personaxe...

A súa labor será a de reparar os libros que aparezan estropeados, con páxinas rotas, despegados, etc.

Cada vez que vexades un libro que non estea en boas condicións, deixádeo dentro da caixa branca que ten onda el!!!

Non vos esquezades!!!

 

PFPP "INICIACIÓN Á ROBÓTICA". TRABALLAMOS CON LEGO.

Os mestres e mestras que estamos recibindo a formación en Robótica, tivemos a oportunidade de interaccionar, desta volta, combinando o uso dos robots (MBOT) con estruturas feitas con LEGO. Estamos conseguindo afianzar toda a información e coñecementos transmitidos, para logo poñelos en práctica co alumnado!!

Non é nada doado isto da programación, pero estamos poñendo moito empeño!!

 

 

 

TEATRO PRINCIPAL (5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

O alumnado de 5º de Educación Primaria, foi ao Teatro Principal a ver a obra de teatro "O Faiado".

Con ela pretendíase fomentar valores que propicien a convivencia: a colaboración, respecto, diálogo posta en común e toma de decisións. Tamén se pretendía coñecer e utilizar de forma apropiada a lingua galega, coñecer e aprender aspectos e persoeiros da cultura tradicional e folclórica, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia ademais de estimar a lingua galega como propia, como mostra de identidade de Galicia.

 

OS AXUDANTES DE BOTALERIAS PRESENTAN NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Os axudantes e as axudantes de Botalerias, tiveron estes últimos días unha tarefa moi importante.

Foron @s encargad@s de ir polas aulas de Educación Primaria de todo o centro presentando as novidades que se adquiriron dende a Biblioteca esta última tempada.

Tiveron que prepararse, coñecer ben o que ían presentar e, coma sempre, fixérono de 10!!

Temos uns axudantes de Biblio excepcionais!!

 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO RAPACES/AS!!

PFPP "INICIACIÓN Á ROBÓTICA"

Unha parte do profesorado do CEIP ADR Castelao, interesado pola introdución da robótica no día a día das aulas, está levando a cabo este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado que terá unha duración de dous cursos e grazas ao cal, se poderán ir poñendo en práctica diferentes actividades de robótica co alumnado.

Despois dalgunha sesión máis teórica, desta volta comezamos a montar os robots mBot que nos facilitan dende o CAFI para o traballo diario co alumnado unha vez teñamos adquiridos os coñecementos necesarios.

 

 

 

 

 

CONTACONTOS PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de terceiro de Educación Primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos a través da cal se pretendía fomentar a lectura entre o alumnado!!

Esta labor estivo a cargo de SABELA, que o fixo dun xeito moi participativo e motivador para os cativos/as!!

Foi moi interactivo e todos e todas quedaron encantados!!

Agardamos que volva a facernos unha visita en canto poida!!

Que ben o pasamos!!

 

XORNADA DE BÁDMINTON EN BOIMORTO

O sábado 26 de xaneiro de 2019, continuando co plan que dende a área e Educación Física pretendemos levar a cabo de potenciar, favorecer e promocionar o achegamento do noso alumnado a diferentes modalidades deportivas, asistimos a unha xornada de Bádminton.

Nesta ocasión, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso cento tivo a oportunidade de participar na I Xornada de Bádminton da Liga Intercomarcal, que se disputou no Pavillón Polideportivo de Boimorto, incluída no Programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Nesta actividade o CEIP ADR Castelao contou coa participación dun total de 9 alumnos/as das categorías benxamín e alevín.

Na xornada, ademais do noso centro, participaron as Escolas Deportivas dos Concellos de Trazo, O Pino, Boimorto, Toques e o IES Xelmirez II de Santiago.

CONTAMOS "LA IDEA MÁS MARAVILLOSA"

As mestras de 5º de Educación Infantil traballan o conto como ferramenta de aprendizaxe en numerosas ocasións. Coincidindo coa conmemoración do Día da Paz, os seus alumnos e alumnas puideron gozar dunha sesión de conto a cargo da mestra Nelly. O conto elixido foi "La idea más maravillosa". Ao remate, cada clase recibiu un agasallo co que seguir traballando na aula o control da frustración, a reflexión, e as posibilidades que teñen as nosas ideas.

 

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

A finais de xaneiro, visitou a Casa de Botalerias o contacontos Iago López para facernos rir e soñar unha vez máis.

Aproveitando que o alumnado de 2º de Educación Primaria está lendo a obra "O lobo con botas", este gran contacontos, veu a narrarnos esta historia.

O noso alumnado desfrutou moito da súa visita, como cada vez que nos acompaña!!

 

 

 

Imaxes do MAKING OFF do programa "EU QUERO SER..." coa presentadora Inma Morandeira

O alumnado que puido formar parte da gravación do programa "Eu quero ser... arqueólog@" da TVG está tan orgulloso do seu traballo, que vos quere mostrar algunhas imaxes de todo o que traballaron para logralo e o ben que o pasaron detrás das cámaras. Grazas a Inma Morandeira e a todo o equipo pola súa paciencia...

FIXESTES UN GRAN TRABALLO!!