pdi

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA NA BIBLIOTECA DE BOTALERIAS

O P.D.I. deste ano, no noso centro, leva por título

"Os animais en perigo de extinción".

Cada grupo-clase selecionou un animal que nestes momentos se atopa en perigo de extinción e sobre el xirarán parte das actividades e proxectos que se desenvolverán ao longo do curso. De igual xeito, a temática permite que cada titor/a e mestre/a especialista, poida profundizar no tema todo o que desexe.

Por elo, dende o Equipo de Biblioteca quixemos facilitarlle un pouco a labor de investigación a quen desexe converterse en experto/a, poñendo á disposición da comunidade educativa unha ampla selecion de libros de consulta e narrativa onde os protagonistas son, dun ou doutro xeito, os animais en perigo de extinción.

 

Pouco a pouco estamos indagando neste tema que tanto nos preocupa e que esperta no noso alumnado un gran interese. Agardamos a vosa colaboración, como familias, sempre e cando os titores/as dos vosos fillos/as volo soliciten.

GRAZAS DE ANTEMÁN!