lauraromero

PRESENTACIÓN DE "PAKOLAS"

O alumnado de Educación Infantil, asistiu na Biblioteca Escolar Botalerias á presentación do Libro "Pakolas".

É un libro CD elaborado en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas e Galicia.

O autor e compositor dos temas que inclúe é Paco Cerdeira e a ilustradora do libro é unha veciña de Ordes: Laura Romero; e foi esta última a encargada de vírnolo presentar. Estámoslle moi agradecidos.

Benvido ao noso cole PAKOLAS!!

 

O NOSO RELATO DE ORDES ILUSTRADO

 

 Neste obradoiro, o alumnado de 6º de E.P. puido ilustrar as narracións sobre Ordes que eles e elas mesmos/as escribiran con motivo da celebración do Día da Narración Oral.

Contaron coa colaboración profesional de Laura Romero e o resultado foi espectacular.

Algunhas fotografías do alumnado de 6º de E.P. no obradoiro.