EMOCIOMARTES: COÑECEMENTO INTERPERSOAL E COHESIÓN GRUPAL
Posted Novembro 15th, 2022 by AnónimoIniciamos este novo curso 22-23 como Aprendices Emocionais, este mes de setembro traballamos o autocoñecemento, o intercoñecemento e a cohesión do grupo.
Cada neno/a completa unha ESTRELA respondendo a unha serie de preguntas sobre os seus gustos, emocións,etc.. Na aula realizamos unha dinámica na que presentamos a nosa estrella.aos nosos compañeiros.Ao rematar colocamos as estrellas no Emorrecuncho, será o Universo da clase.
Para favorecer a cohesión, despóis das medidas de alonxamento pola pandemia, realizamos unha sesión de ABRAZOTERAPIA.
Plan Dixital do Ceip Balaídos
Aquí podedes consultar o Plan dixital do noso centro. Xorde coma resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. Busca adoitar un enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. Pretende acadar a transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. (Pulsade aquí para acceder a el)
Festa de fin de curso 21-22
Rematamos un curso máis e celebrámolo cunha gran festa chea de xogos, comida e diversión!! O próximo curso voltaremos con moitas ganas de aprender e divertirnos e achegándonos pouquiño a pouco a normalidade. Feliz verán a todas e todos!
Graduación de 6º de EP.
Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de EP, promoción de alumnas e alumnos 2013-2022, dixo adeus ao seu paso polo centro cun acto de graduación moi emotivo e bonito. As rapazas e rapaces prepararon diferentes actuacións musicais e recibiron os seus diplomas da man dos seus tutores e tutoras, así como unha grande parte de todos os mestres e mestras que os acompañaron ao longo destes 9 anos.
Aquí podedes ver fotos desta celebración tan especial.
LIBROS DE TEXTO 22-23
Posted Xuño 15th, 2022 by adminLISTADO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-23
VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou, o 7 de xuño, o Museo de Meirande e á Illa de San Simón.
Ao chegar á illa, despois de explicarnos as normas, realizamos unha ruta por ela á vez que nos ían contando a súa historia.
Cando nos xuntamos todos os compañeiros xa estabamos listos para xantar e realizar xogos.
Que ben o pasamos!
CONTOS SONOROS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A área de Música colaborou co equipo de Biblioteca tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".
O alumnado de 6º de Educación Primaria construíu instrumentos musicais con materiais de refugallo:
Estes instrumentos tocáronos, xunto cos da aula, nos contos sonoros que inventaron en pequenos grupos:
CONTOS SONOROS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A área de Música colaborou, co equipo da Biblioteca, tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".
O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou, en pequenos grupos, contos sonoros empregando os instrumentos musicais da aula.
O resultado foi magnífico!
Non dubidedes en escoitalos!
Só clicade nas imaxes:
ECOPERCUSIÓN
O mércores 1 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ampliar a súa formación musical a través dun taller ECO-PERCUSIÓN, tocando diferentes ritmos empregando instrumentos de ecopercusión.
Foi impartido polo percusionista Didier Díaz, mestre cubano.
Foi unha actividade moi divertida e participativa no que o alumnado fixo polirítmia con instrumentos de ecopercusión.
Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron:
GRAZAS MESTRE DIDIER, ATA A PRÓXIMA!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »