Emociomartes

EMOCIOMARTES SETEMBRO

BENVIVIDAS familias.

Este novo curso 2023-24 continuamos coa formación emocional dos nosos alumnos, co programa EMOCIOMARTES, Aprendices Emocionais., unha formación que favorece o autocoñecemento e a xestión das nosas emocións, básico ao longo de todas as etapas da vida.

En setembro realizamos unhas dinámicas para favorecer o coñecemento persoal e interpersoal dos alumnos e mellorar a cohesión dos grupos.  Rematamos as dinámicas con ABRAZOTERAPIA.

 

 

 

EMOCIOMARTES: VOCABULARIO EMOCIONAL

O noso alumnado ten cada vez un mellor coñecemento do vocabulario emocional de cara a traballar a conciencia emocional. Se somos capaces de por nome as nosas emocións e sentimientos, poderemos mellor XESTIONAR estas.

 

En educación infantil traballaron a identificación das emocións no corpo, na expresión da cara con diferentes xogos e dinámicas.

 

En educación primaria realizamos as dinámicas da Noria Emocional,  cos coñecementos básicos e por niveis dos conceptos emocionais. O xogo das estatuas emocionais, o salto á Piscina Emocional agrupando os distintos sentimientos nas catro emocións  básicas. Traballo en equipo para asociar diferentes situacións coa emoción e sentimento que reflicte, etc.

 

Tamén continuamos plasmando estes conceptos na Libreta de ferramentas emocionais que están a elaborar.

  

EMOCIOMARTES: COÑECEMENTO INTERPERSOAL E COHESIÓN GRUPAL

Iniciamos este novo curso  22-23 como Aprendices Emocionais, este mes de setembro traballamos o autocoñecemento, o intercoñecemento e a cohesión do grupo.

 

Cada neno/a completa  unha ESTRELA respondendo a unha serie de preguntas  sobre os seus gustos, emocións,etc.. Na  aula realizamos  unha dinámica  na que presentamos a nosa estrella.aos nosos compañeiros.Ao rematar colocamos as estrellas no Emorrecuncho, será o Universo da clase.

 

Para favorecer a cohesión, despóis das medidas de alonxamento pola pandemia, realizamos unha sesión de ABRAZOTERAPIA.

  

EMOCIOMARTES: AUTOCONCEPTO

No mes de novembro e decembro levamos a cabo outro emociomartes.

Cada alumno/a de educación infantil realizou unha EMOXIRAFA coa que aprenderon as diferentes emocións básicas. Aprenderon a identificar no corpo estas emocións, a representalas e a identificalas nas diferentes situacións da vida diaria.

 

Co alumnado de educación primaria, a través de diferentes actividades e coa Libreta de Ferramentas Emocionais, traballamos na formación dun autoconcepto  bo e real, fomentando a autoconfianza e o esforzo por mellorar. Reflexionamos sobre a autoestima e como poder ter unha autoestima alta. 

 

EMOCIOMARTES

Iniciamos este novo curso escolar 2021-22 coa formación na identificación e xestión emocional co noso alumnado.

Como a situación pandémica permítenos facelo, realizaremos actividades máis vivenciais e gráficas. O traballo será  compartido entre a familia e a escola.

En Educación infantil traballamos a identificación das emocións no xesto, no corpo e en diferentes situacións.

En Educación Primaria, como novidade elaboraremos unha Libreta de Ferramentas Emocionais individual.

Empezamos o traballo co AUTOCOÑECEMENTO: elaboramos o noso DNE (documento Nacional Emocional), a historia do noso nome. e actividades de autoconcepto e cohesión grupal.

 

EMOCIOMARTES: OCA, PASAPALABRA E RULETAS EMOCIONAIS

Para rematar o curso traballamos a alfabetización emocional co alumnado de primaria a través das RULETAS e o PASAPALABRA emocional.Pouco a pouco van adquirindo un vocabulario para as experiencias e emocións que sinten. Canto maior sexa este vocabulario, canto mellor poidan nomear o que sinten, poderán tamén ir aprendendo a xestionalas.

 

O alumnado de infantil fixo un repaso dos contidos traballados nos EMOCIOMARTES coa OCA EMOCIONAL.

 

Actividades emociomartes de abril

Nestes momentos de pandemia, cando levamos moito tempo con medidas de distanciamento social , convivindo en grupos burbulla, sen actividades extraescolares,etc.. moitos  nenos /as están a acusar  falta de  contacto social, de poder facer amigos , disfrutar e aprender con eles.  Os Mestres/as detectamos a necesidade de moitos nenos de este contacto e a dificultade  para poder facer novos amigos. Polo que este mes no EMOCIOMARTES  traballamos  a empatía e a asertividade a través da AMIZADE. Reflexionaron sobre o valor da amizade, estratexias de comunicación para favorecer o facer amigos e como se poder manter as amizades, habilidades conversacionais,etc..
A través de actividades de reflexión, de representacións e manipulativas o alumnado traballou a identificación e xestión das emocións relacionadas coa amizade.

O alumnado de 5º e 6º continuaron co traballo da resolución de conflitos . Os de 5º de EP tamén traballaron a AMIZADE.

Emociomartes de marzo.

No mes de marzo o alumnado de ed. Infantil e 1º de EP a través de test lúdicos segue  a traballar na identificación das diferentes emocions para favorecer a empatía. Tamén realizou  a RULETA das EMOCIÓNS.  Tras o visionado de diferentes situacións os alumnos colocaron cada un na súa Ruleta a emoción a que se refería..
O alumnado de 2º a 4º este mes traballou a empatía e  a asertividade como camiño para a prevención de conflitos, así traballamos o que é un conflito, como xurde e a resolución dos mesmos.
Realizaron test lúdicos para comprobar si se comunican ou non de xeito asertivo. Viron os diferentes estilos de comunicación que empregamos :Pasivo, agresivo, asertivo. Practicaron cómo responder de forma asertiva e os pasos a seguir para resolver conflitos .
O alumnado de 5º e 6º continúa co traballo na resolución de conflitos, fomentando a empatía e a comunicación asertiva.

Emociomartes en febreiro.

Este mes no EMOCIOMARTES  traballamos en infantil e 1º e 2º ciclo  a emoción da RABIA e a FRUSTRACIÓN.
Entrenamos ao alumnado na identificación desta emoción, as causas, as diferentes intesidades e como podemos xestionala. A través de diferentes situacións  reflexionamos  de cómo xurde, como respondemos normalmente e como podemos xestionala mellor. Detenémonos sobre todo na FRUSTRACIÓN, emoción que sinten moi amiudo, xa que queren conseguir o que desexan inmediatamente, sendo convinte aprender a saber esperar.



Co alumnado de 5º e 6º iniciamos o traballo na xestión emocional na RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. O noso obxectivo e que pouco a pouco sexan conscientes dos diferentes puntos de vista nun conflito,, identificar as emocións que sinten cada unha das partes, porse no lugar do outro( EMPATIZAR), aprender a  facer unha ESCOITA ACTIVA, buscar alternativas non violentas e ver o conflito como unha oportunidade de aprendizaxe.
Este é un esquema do sistema a seguir na resolución de conflitos:

Emociomartes do mes de xaneiro.

Continuamos coa realización do noso proxecto de Educación Emocional cos nosos alumnos, para que aprenden a identificar e xestionar as propias emoción.
 No EMOCIOMARTES deste mes de XANEIRO  axudamos ao alumnado de educación infantil  a aprender a OBSERVAR ,recoñecer  e identificar as  diferentes emocións básicas no  corpo.Tamén a recoñecer  que cada estímulo provoca diferentes emocións en cada un de nós e a decatarnos da importancia de non xulgar ao outro, de non facer interpretacións á lixeira.


Vector de Personas creado por pikisuperstar - www.freepik.es


 Co alumnado de educación primariatraballamos  a empatía para a prevención do Bullying.  
O noso obxectivo é que o alumnado coñeza que é o acoso  e o ciberacoso , así como previlo. Que aprendan a diferenciar as vítimas, os agresores e os espectadores. Que  coñezan as consecuencias do acoso e previr as condutas de microacoso coas que se empeza.
Nos cursos de 1º e 2º visionaron videos e realizaron os carteis de RACHA co silencio.
Os alumnos dende 3º a 6º traballaron a través da visualización de varios powerpoints con diferentes situacións para que aprenden a diferenciar as condutas que son acoso e as que non. Realizaron un traballo sobre os diferentes participantes no acoso e os sentimentos de cada un deles.
 O alumnado de 6º ademáis reflexionou  a través  destes videos do ciberacoso e os perigos nas redes.

Vector de Personas creado por pikisuperstar - www.freepik.es

Distribuir contido

Back to top