EMOCIOMARTES: OCA, PASAPALABRA E RULETAS EMOCIONAIS
in
Para rematar o curso traballamos a alfabetización emocional co alumnado de primaria a través das RULETAS e o PASAPALABRA emocional.Pouco a pouco van adquirindo un vocabulario para as experiencias e emocións que sinten. Canto maior sexa este vocabulario, canto mellor poidan nomear o que sinten, poderán tamén ir aprendendo a xestionalas.
O alumnado de infantil fixo un repaso dos contidos traballados nos EMOCIOMARTES coa OCA EMOCIONAL.