Matemáticas Manipulativas

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS 2

Ao longo deste curso experimentamos con distintos materiais manipulativos. Comezamos coas regletas dende 4º de EI ata 6º de Primaria.

Na 1ª parte da cada sesión, o alumnado manipulaba libremente o material. Foi sorprendente a súa evolución na construción de distintas figuras e estruturas, cada vez mais elaboradas.

Na 2ª parte da sesión, traballamos  conceptos básicos da matemática.

En EI comezamos coa conservación do número.

En Primaria, iniciamos as operación básicas. Investigamos como adquirir a suma e a resta con levadas empregando este material.

Xa en 5º e 6º de Primaria, introducimos conceptos máis elaborados como múltiplos, divisores, doble, metade, superficie,  con cantidades cada vez maiores e aplicándoo a situacións da vida real.

Cara ao 3º trimestre utilizamos os xeoplanos, para traballar manipulando conceptos básicos de xeometría.

A experiencia foi moi positiva, porque o alumnado divertíuse xogando coas matemáticas.

  

OBRADOIRO EXPERIMENTAL DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

Este curso estamos desenvolvendo no noso cole un OBRADOIRO EXPERIMENTAL DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS.

A idea xurdiu a raíz dun grupo de traballo no que nos implicamos varios mestres e que foi dirixido por Julio Ferro, experto nesta metodoloxía e que acarrea unha gran experiencia neste campo.

Tod@s @s alumn@s traballan durante unha sesión á semana, por clases, os contidos da programación con material matemático como regletas, bloques multibase, tangrams, pentaminós... para, que de xeito manipulativo, poidan visualizan e comprender mellor os diferentes bloques desta materia e conseguir xogando que sexan máis competentes na vida diaria.

A medida que vaiamos conseguindo os obxectivos propostos incorporaremos novo material para que as sesións sexan diferentes e motivadoras para @s nen@s.

Irémosvos contanto os logros que vaian alcanzando!!

 

Distribuir contido

Back to top