Conmemoracións.

Celebracións que se realizan no noso centro.

VISITA DA ILUSTRADORA IRIA BLANCO

O pasado xoves 16 de maio, coincidindo ca semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de que nos visitara a pintora viguesa Iria Blanco.

Foi unha xornada xenial, acercounos a súa obra e, entre os grupos que participaron, pintaron un lienzo que quedara exposto nos corredoiros do noso colexio.

Iria contaxiounos a todos o gusto pola arte e animou a todos os alumnos a loitar polo seu soño fose cal fose. 

Antes de se marchar recorreu o centro para observar as nosas creacións a partir da súa obra. 

 

Grazas Iria foi un pracer coñecerte!

DÍA DAS FAMILIAS

O día 15 de maio celébrase o Día da Familia.

Un ano máis o festexamos dende o colexio, para iso traballamos co conto "Familias de oh! Mami Blue".

Cada aula ilustrou un poema deste conto que despois expuxemos no corredoiro do centro.  

 

 
 

 

 Para poder ler os poemas só tendes que darlle a icona sinalada na imaxe.
 
 
 

DÍA DO LIBRO 2019

O pasado venres día 25 de abril festexamos no colexio o Día do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.

Anteriormente, os padriños e madriñas visitaron aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores,... Ao mesmo tempo, os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.

É unha actividade moi enriquecedora para ambos. No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!

 

CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA

No colexio realizamos dúas actividades para celebrar o día

8 de MARZO_DIA DA MULLER TRABALLADORA:

  • Exposición de Carteis: cada grupo escolleu unha muller galega de salientable traxectoria, de calquera eido social e/ou cultural, investigou sobre a súa biografía e reflectiuno nun cartel. 

 

  • MONTAXE DUN VIDEO HOMENAXE: unha alumna e un alumno de cada grupo recitaron un verso da letra dunha cantiga que se ten convertido, dende hai anos, nun icono das celebracións do Día da Muller en Galiza. Trátase de MATRIARCAS, cantiga composta e interpretada por Guadi Galego.

 

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, recondando así as irmáns Mirabal ( Minerva, Patria e María Teresa),coñecidas polo sobrenome de  "As Mariposas" asasinadas o 25 de novembro na República Dominicana por orden do dictador Rafael Leónidas Trujillo do que eran opositoras.


Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.

O alumnado de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primer obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

Para rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

Se queredes ver os vídeos das distintas actividades clicade na seguinte imaxe:

 

 

Día da familia.

Hoxe 15 de maio celebramos no noso centro o día da familia. O cole encheuse de debuxos e murais onde nenos e nenas plasmaron a diversidade de tipos de familias que hai, como dicía a parede do edificio de infantil: "Hai tantas familias como formas de amar".

Día do libro 2018.

Un ano máis celebramos o 23 de abril, Día do libro, coa actividade de padriños e madriñas lectoras.

Podedes acceder a todas as fotos aquí.

15 DE FEBREIRO_ DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL

AVISO: A ACTIVIDADE POSPONSE POR RAZÓNS METEOROLÓXICAS, PARA O MARTES DIA 20.

O xoves 15 de febreiro celebraremos no colexio un acto solidario en demanda de maior investigación e loita CONTRA O CANCRO INFANTIL.

Farémolo no lugar de convivencia máis lúdico e alegre, para o alumnado, que ten o centro escolar:  O PATIO DE RECREO.

Un acto sinxelo pero ateigado, pleno, cheo de empatía (póndose no lugar do outro) e de desexos de resiliencia para tantos nenos e nenas (positividade e forza diante da adversidade).

Día da familia!

Hoxe 15 de maio celébrase o día da familia. Distintas clases de educación infantil e primaria fixeron manualidades para conmemorar este día tan fermoso.

Día do libro 2016.

Como xa é tradición no centro, con motivo do día do libro realizouse a actividade de: padriños lectores. Alumnos e alumnas maiores viñeron a contar un conto a alumnos máis pequenos, e éstes a cambio regaláronlle un marca páxinas para agradecerlles que lles lesen o conto.

Distribuir contido

Back to top