25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, recondando así as irmáns Mirabal ( Minerva, Patria e María Teresa),coñecidas polo sobrenome de "As Mariposas" asasinadas o 25 de novembro na República Dominicana por orden do dictador Rafael Leónidas Trujillo do que eran opositoras.
Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.
O alumnado de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primer obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
Para rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.
Se queredes ver os vídeos das distintas actividades clicade na seguinte imaxe: