Entroido
DESFILE DE ENTROIDO
O pasado venres 16 de febreiro puidemos realizar o desfile de entroido, que de novo tivo lugar no exterior do cole, facendo un recorrido polo paseo do Lagares. O alumnado e o profesorado disfrutouno moito, esperamos que as familias tamén!
ENTROIDO EN BALAIDOS
Chega o entroido a Balaidos e con el, chega tamén o Meco.
E trae, como todos os anos, as súas ordes.
O LUNS, TODOS EN PIXAMA AO COLE!!!
O MARTES, UNLLAS PINTADAS!!
O MERCORES: ALGO NA TESTA!!!!
O XOVES: DISFRAZ LIBRE!!!!
FESTA DO ENTROIDO
O pasado venres 17 de febreiro celebramos o desfile de ENTROIDO, recuperando a vella tradición de desfilar por fora do cole. Disfrutade do vídeo!!!!
ENTROIDO 2022
O pasado venres 25 de febreiro celebramos no cole o desfile de entroido. Debido á situación sanitaria foi só para o alumnado, pero puxéronlle as mesmas ganas e ilusión.
Para respectar a normativa vixente fixémolo en dúas quendas, así o meco tivo dous xuizos e acabou destruído en ámbalas dúas ocasións.
Esperemos que disfrutedes das fotos e qué o próximo ano poidamos disfrutalo xuntos de novo.
ENTRiDO 2022
O pasado venres 25 de febreiro celebramos no cole o desfile de entroido. Debido á situación sanitaria foi sólo para alumnado, pero puxéronlle as mesmas ganas e ilusión.
Para respectar a normativa vixente fixémolo en dúas tandas, de modo que o meco tico dous xuizos e acabou destruído en ámbalas dúas ocasións.
Esperemos que disfrutedes das fotos e qué o próximo ano poidamos disfrutalo xuntos de novo.
CELEBRAMOS O ENTROIDO!
O venres 12 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!
Este ano seguindo o tema "Superheores e superheroinas na pandemia" fixemos cos nosos disfraces un homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia, polo que o cole encheuse de superheroes e superheroinas, bombeiros e bombeiras, policías, traballadores de supermercado, hosteleiros e hosteleiras, repartidores e sanitarios e sanitarias.
Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.
Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.
Para ver as fotos, só tedes que clicar aquí e levaravos a nosa galería (que tamén a podedes atopar na marxe superior dereita desta páxina).
DESFILE DOS GRUPOS A
DESFILE DOS GRUPOS B
XUIZO DO MECO CORONAVIRUS
No colexio Balaídos temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.
Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”.
Nesta ocasión non había dúbida, era doado escoller! Non si?
Por iso o noso Meco é o Coronavirus, que xa nos fixo vir desde setembro coa incómoda máscara posta, e nesta semana, aínda por riba, mandounos traer: zapatos cambiados, cousas en cintura e pescozo,...
Por todo iso, foi xulgado no XUÍZO DO MECO polo alumnado de 6º de EP, como xa é tradición desde sempre, que diante da imposibilidade de facelo no patio coma noutrora argallouse unha videomontaxe na que tamén participaron todas os grupos de Infantil e Primaria, a fin de coñecer a súa opinión para sentencialo á QUEIMA ou salvalo.
Ah! Que estades a pensar? Que vos gustaría velo? Pois.... tendes sorte! Aquí vos deixamos o video. Desexamos que gostedes del!
Esquecíamos de dicirvos que o venres 12 de febreiro, sairemos ao patio coma un ENTROIDO calquera, cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia. Sentimos que neste ano non poidan facernos compaña AS FAMILIAS (nais, pais, avós e avoas) para gozar do desfile e do xuízo do Meco.
De todos os xeitos, xa vos informaremos de como resultou todo.
Os nosos nenos e nenas van ter ENTROIDO no COLE! Iso é o que realmente importa, verdade?
Apertas e VIVA O ENTROIDO!!!!!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »