O centro
Mirando ao futuro con ciencia
n
O alumnado de primeiro iníciase no proxecto Mirando ao futuro con ciencia, grazas a participación dunha familia tivemos unha experiencia co microscopio
INFORMACIÓN SOBRE O PORTEIRO VIXIANTE
ASUNTO:
INFORME DA SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS
DE INFANTIL E PRIMARIA DA CIDADE DE VIGO
Prezadas familias:
A Asociación de Directoras e Directores de Colexios Públicos de Vigo (ADICOPUVI) e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPAS) queremos facervos chegar a seguinte e importante información:
Dende hai varios anos e xa antes da pandemia mantivemos reunións coas autoridades responsables en materia de mantemento, conservación e novas obras (Concellería de Educación, Alcaldía e Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra) co obxecto de dar a coñecer o estado de deterioro das instalacións públicas nos que día a día cerca de 5.000 estudiantes dos centros educativos de infantil, primaria e educación especial desenvolven a súa vida académica e social.
Esta situación de déficit concrétase en deficiencias ambientais, eléctricas, de ventilación e climatización, de peche de recintos, de baños con falta de salubridad, caldeiras anticuadas e con avarías constantes, comedores con escaso espazo, de espazos axardinados sen mantemento, etcétera. En todas as reunións mantidas e incluso en estudos de auditoría realizados dende o propio Concello, confírmase esta realidade, ao mesmo tempo, que se comprometen accións que non se materializan e que fan aumentar, curso tras curso, as carencias nomeadas ou se proxecta a solución desta problemática en convenios entre Administracións que nunca chegan por falta de acordos conxuntos entre as mesmas. As condicións ambientais de traballo educativo e profesional están moi por debaixo da normativa de Saúde Laboral en canto a factores como temperatura, iluminación ,ventilación e insonorización. A antigüidade dos centros educativos de Vigo, en moitos casos con máis de corenta anos de vida, non cumpre na maioría dos casos cuns estándares de confortabilidade axeitados para o desenvolvemento dos nenos e nenas da cidade en pleno século XXI.
Entre os temas que están a causar malestar entre as comunidades educativas ( equipos directivos, equipos docentes, familias e ANPAS) está a pésima e xa permanente xestión dos porteiros vixiantes dos centros escolares, unha figura histórica e integrada na vida dos centros que dotaba de autonomía á vida dos edificios escolares no seu mantemento, seguridade e coidado. A día de hoxe son arredor de 28 dos 49 centros escolares os que non teñen cuberta esta importante praza e abocan aos centros a solventar con precariedade as súas tarefas diarias, proxectando unha imaxe de abandono e inseguridade. Os equipos directivos e os equipos educativos dos centros está a realizar tarefas de apertura, peche e vixilancia e tarefas complementarias que son competencia municipal, como así o reflexan os diferentes regulamentos educativos e administrativos. Este incumprimento provoca situacións complicadas , conflictivas e de seguridade en distintos momentos escolares: entradas, saídas, chegada e recollida de alumnado, etcétera.
Dos citados 49 centros educativos de Ed. Infantil e Primaria Vigo, 21 contan con persoal municipal adscrito con carácter de fixos (oficiais de mantemento ou porteiros vixiantes) mentres nos outros 28 veñen sendo nomeados por periodos de seis meses traballadores de xeito provisional dende fai uns dez anos aproximadamente. Nos últimos anos os centros teñen estado sen este persoal durante longos periodos de tempo entre contratación e contratación ou por falta de efectivos para cubrir baixas de longa duración. O devenir do tempo e a falta dunha programación clara para o mantemento e a conservación das instalacións escolares ocasionan a diario un importante número de incidencias que precisan de pequenas intervencións para facilitar a vida diaria nos centros. As avarias frecuentes na fontaneria, instalacións electricas, na carpintería, ou o abandono das zonas axardinadas, rotura de cristais, etcétera, tardan en solucionarse o mesmamente seguen sen resolverse. Os gastos por mantemento duplican, en moitas ocasións, os orzamentos de autoxestión otorgados polo Concello anualmente aos centros. Esta situación de ausencia dos porteiros vixiantes provoca grandes desigualdade entre centros educativos e en consecuencia a coexistencia entre cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.
A actual proposta do Concello de Vigo ante esta situación foi presentada aos medios o luns 27 de novembro e concrétase nun futuro servizo de mantemento externalizado de mantemento que non solventa as necesidades dos centros e aboca aos mesmos a un modelo de xestión de carestía, inseguridade e desatención dos lugares onde crecen os futuros e futuras cidadás da nosa cidade. O proceso de licitación desta proposta non contou co diálogo e o consenso dos equipos directivos e da representación das familias, o que demostra unha actitude de escaso respecto e transparencia institucional.
Dende ADICOPUVI e FOANPAS demandamos do noso Concello unha intervención inminente nos edificios escolares, con orzamentos realistas e dialogando con todas as Administracións unha mellora definitiva, viable e moderna. A igualdade, a equidade necesita dunha excelencia nas contornas escolares, que hoxe non temos.
O vindeiro martes, 5 de decembro, dende FOANPAS e ADICOPUVI presentaremos aos medios de comunicación as nosas demandas na espera dunha solución institucional positiva e coherente.
Agradecemos a todas as familias a vosa comprensión e colaboración na defensa da semente de igualdade social que nace e crece na escola pública.
Vídeo do noso centro
Co motivo das xornadas sobre competencias docentes organizadas pola Consellería de Educación, o noso centro presentou como se traballa a competencia dixital nas diferentes etapas educativas. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra de todo o que se fai día a día nas nosas aulas.
Enquisa Educonvives
Enquisa de diagnose da convivencia 2021
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.
Documentos informativos:
As familias recibirán un escrito coas claves de acceso e as indicacións precisas sobre como actuar.
Acceso ás enquisas:
NOVEDADES NA NOSA WEB
Queridas familias:
Ante as peticións recibidas no correo electrónico do centro e o convencimento do profesorado de que disto temos que sair todos e todas XUNTOS, imos habilitar nesta páxina un bloque para que todo o alumnado poida amosar as súas producións e así compartir eses ánimos cos demais e outro con actividades, páxinas web, etc. ,diferentes ao traballo proposto polo profesorado (ver entrada Directrices de traballo para os próximos días ), material ao que poderedes recurrir para que sexa máis levadeira esta situación.
Para o bloque das producións, que chamaremos Todo vai sair ben (situado na parte superior dereita), trátase de que enviedes ao correo electrónico do centro (ceip.balaidos@edu.xunta.es) aquilo que eles queiran expresar, o que están a facer, o que sinten… pero sempre cunha mensaxe positiva e para animarse e animar aos demais.
Podedes mandar debuxos, textos, fotos ou vídeos. Agora ben, en base á lexislación sobre protección de datos e protección de menores, todos os envíos que fagades nos que poidan aparecer imaxes persoais, deberán contar coa vosa autorización expresa por escrito para a súa publicación nesta web.
No bloque Enlaces de interese poderedes atopar enderezos con propostas para as familias (como "Aprendemos en casa", promovida polo Ministerio de educación), materiais interesantes e Webs de institucións como museos e pinacotecas que ofrecen tours virtuais e/ou materiais didácticos.
Animádevos e animade ás vosas criaturas!!!
Moita saúde e moita forza! SAIREMOS ADIANTE!!!!!
Directrices de traballo para os próximos días.
O equipo de mestras e mestres do noso centro elaborou diferentes propostas de traballo para desenvolver nas casas nos días que dure o confinamento por mor da alerta sanitaria na que nos atopamos. Son propostas para cada nivel educativo que teñen como obxecto reforzar e repasar, en ningún caso serán contadas para a avaliación pero si consideramos importante que o alumnado manteña unhas rutinas de traballo e un horario durante estes días, por iso aconsellamos encarecidamente facelas.
Podedes acceder as actividades entrando na carpeta do curso correspondente a través de este enlace.
O alumnado de 6º de primaria ademáis pode consultar o plan de traballo de cada materia a través da plataforma Eva Edixgal.
As dúbidas que teñades ou calquera consulta deste tipo poderedes comunicalas a través do correo electrónico do centro, ceip.balaidos@edu.xunta.es , ou ben do teléfono 886 111 080.
Semana a semana continuaremos engadindo recursos e actividades en función do tempo no que se poida prolongar esta situación (que esperamos sexa o máis breve posible).
Moito ánimo e por favor
#QuedaNaCasa
#QuédateEnCasa
COMUNICADO DO CENTRO EN BASE Á SITUACIÓN ACTUAL
En vista das derradeiras declaracións do Presidente da Xunta (https://www.farodevigo.es/galicia/2020/03/15/persona-equipo-directivo-centro-educativo/2263288.html) o profesorado NON acudirá ao centro durante os días de alerta sanitaria.
Por esta razón pedimos que non vos acheguedes ao centro ata novo aviso. Toda a información necesaria irase colgando nesta mesma páxina.
A partires de mañá luns 16 de marzo, estará colgada a información sobre as tarefas propostas para o alumnado. Así mesmo, poderedes facer as consultas que precisedes a través do teléfono 886 111 080 ou do correo electrónico ceip.balaidos@edu.xunta.es.
Como é obvio, e ante as novas medidas tomadas a nivel nacional e autonómico, cancélase a opción de pasar polo centro para recoller calquera tipo de material.
Aproveitamos a ocasión para DESMENTIR ROTUNDAMENTEos bulos e falsas noticias que nos derradeiros días circularon por redes sociais e mesmo algún tipo de prensa (que nin siquera contrastaron coa dirección do centro): NON TEMOS, NESTE MOMENTO, NINGUNHA CONSTANCIA DE NINGÚN CASO DE INFECTADOS DO CORONAVIRUS NIN ENTRE O ALUMNADO NIN ENTRE O PERSOAL DO CENTRO. O aviso emitido no seu momento tiña unha recomendación preventiva en función da información recibida por parte dalgunhas familias do centro.
O profesorado e o demais persoal do centro enviámosvos todo noso ánimo e forza para enfrentarnos coa actual situación, tendo moi claro que SAIREMOS DE ESTA!!!
E por favor, lembrade:
#QuédateNaCasa
#QuédateEnCasa
INFORMACIÓN CORONAVIRUS
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu Servizo de Inspección, envíanos o seguinte vídeo con información sobre o Coronavirus. No cartel que se adxunta podedes ver a mesma información resumida. Máis información neste enlace
Dende o centro queremos dar unha mensaxe de tranquilidade e sentido común.
Alerta de nivel LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
Nova cita do Taller de escola de pais e nais
O pasado 22 de novembro iniciamos o I Taller da nosa recién creada escola de pais e nais de Balaídos.Fixemos a presentación do programa e falamos do noso papel como adultos na construcción da madurez e autonomía dos nosos fillos.
O vindeiro 19 de decembro continuaremos co II Taller da escola de pais e nais. O tema que traballaremos será: Claves da Comunicación. Cambiamos a data de xoves a mércores por coincidir coa festade Nadal de actividades extraescolares da ANPA.