15 DE FEBREIRO_ DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL
AVISO: A ACTIVIDADE POSPONSE POR RAZÓNS METEOROLÓXICAS, PARA O MARTES DIA 20.
O xoves 15 de febreiro celebraremos no colexio un acto solidario en demanda de maior investigación e loita CONTRA O CANCRO INFANTIL.
Farémolo no lugar de convivencia máis lúdico e alegre, para o alumnado, que ten o centro escolar: O PATIO DE RECREO.
Un acto sinxelo pero ateigado, pleno, cheo de empatía (póndose no lugar do outro) e de desexos de resiliencia para tantos nenos e nenas (positividade e forza diante da adversidade).