EMOCIOMARTES: COÑECEMENTO INTERPERSOAL E COHESIÓN GRUPAL

Iniciamos este novo curso  22-23 como Aprendices Emocionais, este mes de setembro traballamos o autocoñecemento, o intercoñecemento e a cohesión do grupo.

 

Cada neno/a completa  unha ESTRELA respondendo a unha serie de preguntas  sobre os seus gustos, emocións,etc.. Na  aula realizamos  unha dinámica  na que presentamos a nosa estrella.aos nosos compañeiros.Ao rematar colocamos as estrellas no Emorrecuncho, será o Universo da clase.

 

Para favorecer a cohesión, despóis das medidas de alonxamento pola pandemia, realizamos unha sesión de ABRAZOTERAPIA.

  

Back to top