Actividades emociomartes de abril
Nestes momentos de pandemia, cando levamos moito tempo con medidas de distanciamento social , convivindo en grupos burbulla, sen actividades extraescolares,etc.. moitos nenos /as están a acusar falta de contacto social, de poder facer amigos , disfrutar e aprender con eles. Os Mestres/as detectamos a necesidade de moitos nenos de este contacto e a dificultade para poder facer novos amigos. Polo que este mes no EMOCIOMARTES traballamos a empatía e a asertividade a través da AMIZADE. Reflexionaron sobre o valor da amizade, estratexias de comunicación para favorecer o facer amigos e como se poder manter as amizades, habilidades conversacionais,etc..
A través de actividades de reflexión, de representacións e manipulativas o alumnado traballou a identificación e xestión das emocións relacionadas coa amizade.
O alumnado de 5º e 6º continuaron co traballo da resolución de conflitos . Os de 5º de EP tamén traballaron a AMIZADE.