Emociomartes

Primeiro Emociomartes do curso.

Primeiro Emociomartes deste curso, onde as pequenas e pequenos do noso centro levaron a cabo actividades para aprender a identificar as súas emocións e estados de ánimo así como a desenvolver estratexias para  ter unha boa saúde emocional, sobre todo neste momentos tan duros que estamos a vivir.

EN DECEMBRO TAMÉN TIVEMOS EMOCIOMARTES

No mes de Decembro levamos a cabo un novo emociomartes no que traballamos a observación e interpretación das emocións a través da linguaxe corporal e os xestos co corpo, favorecendo o contacto entre os compañeiros. Aquí podedes ver a experiencia:

 

 

EMOCIOMARTES DE NOVEMBRO: O PODER DAS PALABRAS

No mes de Novembro realizamos no colexio dúas sesions de Emociomartes nas que traballamos o poder das palabras, e comprobamos como podemos motivar ou desanimar aos nosos amigos e compañeiros. Foi unha experiencia moi profunda e impactante para os nenos e nenas.

  

EMOCIOMARTES: COMUNICACIÓN ASERTIVA

Na semana do 29 de abril celebramos un novo emociomartes no centro. Nesta ocasión a sesión xirou entorno aos tipos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva.

Despois de explicar cales son as características de cada un dos tipos de comunicación, levamos a cabo a dramatización de situacións cotiás no  cole, nas que os seus personaxes empregarían diferentes tipos de comunicación para enfrontarse a ela. Os compañeiros e compañeiras terían, entón, que identificar a comunicación empregada por cada un deles.

Finalmente, despois de reflexionar, cada un dos nosos alumnos colocouse detrás da comunicación coa que se comunica e que pode facer para cambiar.

Os maiores, que xa traballaran o ano pasado este aspecto, realizou un test para ver o seu grado de asertividade.

 

REFLEXIÓN: TODOS TEMOS DEREITO A SER TRATADOS CON XUSTIZA E DEFENDER OS NOSOS DEREITOS DE MANEIRA ASERTIVA. NINGUÉN TEN DEREITO A FACERNOS DANO E TODOS TEMOS O DEBER DE CONTROLAR AS NOSAS EMOCIÓNS.

EMOCIOMARTES: A EMPATÍA

O martes 2 de abril tivemos un novo Emociomartes no cole. Nesta ocasión traballamos a "Empatía" con diferentes actividades adaptadas aos diferentes niveis educativos.

A empatía é a capacidade de entender os pensamentos e emocións dos outros, compartir os seus sentimentos. É situarse no lugar da outra persoa, comprender o que sinte nese intre. Para iso, é necesario observar a expresión facial do outro para poder entender a súa emoción e poder acompañalo.

A primeira actividade que realizou o noso alumnado foi adiviñar a emoción que sinte outra persoa a través da súa expresión facial.

Despois o alumnado de Educación Infantil xogou á "Oca emocional" facendo un repaso de todas as emocións traballadas.

O alumnado de Educación Primaria aprendeu a diferenciar a "escoita simpática" e a "escoita empática" e identificala co visionado dunha escena da película "Del Revés".

Os cursos dende 1º a 4º de Educación Primaria completaron unhas premisas, de maneira persoal, para posteriormente intercambiar o papel e os zapatos co seu compañeiro/a para ler o que escribiu, póndose no seu lugar e empatizando con él/ela.

Os maiores do cole, 5º e 6º de Educación Primaria, deron un pasiño máis e levaron a cabo unha dinámica sobre o abuso escolar. Tiñan tres siluetas humanas e a cada neno déronse catro tiras de papel para pegar nas distintas siluetas.  Na tira 1 escribirán como cren que se sinte a víctima do abuso; na tira 2 como se sinte e pensa o agresor para actuar así; na tira 3 porque cren que tratan así a este neno e non a outro e na tira 4 que cren que poden facer cada un dos testigos mudos. Finalmente, faise un respaso do escrito en cada silueta e unha reflexión final.

 

No vídeo recóllese diferentes momentos das sesións nas distintas aulas: 

 

EMOCIOMARTES: O MEDO

Este martes 19 de febreiro tivo lugar un novo EmocioMartes. Nesta ocasión traballamos a emoción do "Medo".

Partimos do visionado da película "Piper" e do conto "A máquina rompemedos". Recoñecimos as sinais do noso corpo que indican que temos medo.

Son moitas as ocasións nas que os medos nos limitan, impídennos funcionar adecuadamente. É moi importante aprender a superalos e afrontarnos a eles para poder facer aquilo que desexamos.

Na sesión @s nen@s debuxaron ou escribiron nun papel todos os seus medos e foron triturados pola máquima rompemedos!

 
Pero que mellor forma de explicalo que vendo o vídeo co acontecido nas sesións:

 

EmocioMartes: A RABIA

Este martes 22 de xaneiro tivo lugar o primeiro EmocioMartes deste ano. Nesta ocasión traballamos a emoción da "Rabia".

Os máis cativos do colexio tiveron que recoñecer as distintas emocións, dentro das cales atópase a rabia.

Os maiores xa daban un pasiño máis, entendendo que é esa emoción e cando xurde; os cambios corporais que se producen; aprender a xestionala dunha maneira mási positiva para todos.

Deixamos un vídeo co acontecido nas sesións:

 

 

Emociomartes. Identificando as emocións nos demáis.

Este martes 5 de decembro tivo lugar un novo Emociomartes. Nesta ocasión estivo adicado a diferentes actividades, adaptadas ás diferentes idades dos nenos e nenas que temos no noso centro, co obxectivo de traballar de maneira vivenciada a identificación das emoción  e nós e nos demáis. 

EmocioMartes: DINÁMICA DE AUTOESTIMA

O martes 6 de novembro levamos a cabo o segundo Emociomartes deste curso.

Nesta ocasión, a sesión contou de dúas partes. Na primeira, traballamos vocabulario emocional co fin de poder expresar mellor como estamos e como nos sentimos; así como recoñecer as emocións nas demais persoas. Esta actividade iremos traballándoa ao longo do curso. Na segunda parte fixemos fincapé nas nosas fortalezas e debilidades; reflexionar sobre a autoestima; que ninguén é perfecto e que temos máis cousas que nos unen ca que nos separan.

 

Aquí unha mostra das sesións nas diferentes etapas:

EmocioMartes: DINÁMICA DE AUTO-COÑECEMENTO

Hoxe, martes 2 de outubro, tivemos a primeira sesión de EmocioMartes do curso.

A dinámica consistiu en contar aos compañeir@s a historia das nosas feridas ou cicatrices e do noso nome, favorecendo desta maneira o coñecemento e interrelación entre eles.

O vídeo mostra algúns dos momentos especiais que se viviron. Non volo perdades!

 

Distribuir contido

Back to top