Matrícula
ADMISION ALUMNADO CURSO 2024/2025
Comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no Ceip Balaidos para o próximo curso 24/25 obtivo a súa praza e está admitido no centro educativo.
PERIODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23/24
Comezou o prazo de presentación de solicitude de admisión ordinario para o próximo curso escolar, ata o 20 de marzo.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Xa temos data para a xornada de portas abertas! Será o próximo martes 28 de febreiro en horario de tarde.
Ven a coñecernos!!!
SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE PRAZA EXTRAORDINARIA OU FORA DE PRAZO NO CENTRO
PROCEDEMENTO DE ESCOLARIZACIÓN EXTRAORDINARIA
Comprende a tramitación das seguintes solicitudes:
1. Solicitudes de escolarización que se presenten ao longo do curso, en calquera momento, por algún dos motivos indicados no artigo 16.1 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, unha vez iniciado o curso escolar, das solicitudes de admisión motivadas por:
a) Traslado da unidade familiar por mobilidade forzosa das persoas proxenitoras ou titoras, discapacidade sobrevida de calquera dos membros da unidade familiar ou cambio de residencia derivado de actos de violencia de xénero.
b) Traslado de centro durante o curso sen cambio de localidade.
c) Incorporación tardía ao sistema educativo.
d) Inicio dunha medida de acollemento familiar.
e) Agrupamento da unidade familiar.
f) Situación de acoso escolar.
g) Outros casos de traslado familiar con cambio de localidade.
Terá preferencia, na área de influencia que corresponda ao domicilio ou ao lugar de traballo, indistintamente, dalgún dos proxenitores ou titores legais, o alumnado cuxa escolarización en centros públicos e privados concertados veña motivada: por traslado da unidade familiar debido á mobilidade forzosa de calquera dos proxenitores ou titores; unha discapacidade sobrevida de calquera dos membros da unidades familiar; ou a un cambio de residencia derivado de actos de violencia de xénero.
A persoa titular da xefatura territorial poderá autorizar un incremento de ata o 10% do número máximo de alumnado por aula nos centros públicos e privados concertados, para atender necesidade inmediatas de escolarización de acordo co previsto no artigo 87.2 da LOE.
Para estas solicitudes utilizarase o modelo de solicitude de escolarización extraordinaria, anexos III e III bis que se achegan con estas instrucións, que poderá presentarse nas dependencias da xefatura territorial ( a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Edificio administrativo da Xunta de Galicia de Vigo.
2. Solicitude de admisión presentadas entre o 26 de abril e o 1 de setembro, ambos incluídos, que se resolverán antes do inicio do curso escolar (artigo 16.2 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro).
A solicitude está dispoñible nos arquivos adxuntos ( deben imprimir, cumprimentar e asinar correctamente os dous arquivos.
- Deberán acompañar a documentación correspondente:
- DNI ou NIE da persona proxenitora ou representante legal que asine a solicitude
- DNI ou NIE da outra persoa proxenitora que asine a solicitude, en caso de separación legal ou divorcio con custodia compartida
- No seu caso, sentenza de separación xudicial ou divorcio ou convenio regulador
- Copia completa do libro de familia
- Certificación académica do centro de orixe
- No caso de traslado de domicilio con cambio de localidade:
Escritura de compra ou contrato de alugueiro da vivenda declarada como novo domicilio habitual e o Certificado de convivencia de todos os membros da unidade familiar
VACANTES 2020-2021
PRAZAS VACANTES CURSO 2020-2021
NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR AS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes 26 de febreiro terá lugar a XORNADA DE PORTAS ABERTAS no CEIP Balaídos.
A actividade celebrarase pola tarde a partires das 16:00h e ata as 18:00h. Constará de unha pequena reunión coa dirección e parte do profesorado do centro, onde se lles informará dos aspectos xerais do centro e, posteriormente, unha visita guiada polas dependencias do mesmo.
Poderá facerse en varios turnos (dous ou tres), dependendo da hora de chegada e esperando ata formarse un grupo suficiente de persoas.
ESPERÁMOSVOS!!!
RESERVA DE PRAZA ALUMNADO CURSO 2022/2023
RESERVA DE PRAZA CURSO 2022/2023
PRAZO - DESDE O 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2022
2 CLASES DE DESTINATARIOS:
1.-ALUMNADO QUE REMATA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E CONTINÚE OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO, I.E.S.ALEXANDRE BÓVEDA
AO ALUMNADO QUE REMATA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E QUEIRA CONTINUAR OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO, I.E.S. ALEXANDRE BÓVEDA, ENTREGARÉMOSLLES A SOLICITUDE DE RESERVA FORMALIZADA, QUE DEBERÁN ENTREGAR CORRECTAMENTE CUBERTA E ASINADA NA SECRETARÍA DO C.E.I.P. BALAÍDOS DO 11 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO.
2.-ALUMNADO DO RESTO DE CURSOS QUE CONTINÚEN NO CENTRO NO CURSO 2022/2023
AO RESTO DO ALUMNADO QUE CONTINÚE OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO, ENVIARÉMOSLLES UNHA SOLICITUDE DE RESERVA QUE DEBERÁN ENTREGAR AOS TITORES/AS DO 11 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO
MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE NON QUEIRA CONTINUAR OS SEUS ESTUDOS NO CENTRO ADSCRITO OU QUEIRA FACER UN CAMBIO DE CENTRO, DEBERÁN PRESENTAR AS SOLICITUDES DE NOVA ADMISIÓN DO 1 DE MARZO ATA O 21 DE MARZO NO CENTRO DE DESTINO.
PODE CONSULTARSE A INFORMACIÓN OFICIAL NO SEGUINTE ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990
CALENDARIO E DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO
VINDEIRO CURSO 2022/2023
PRAZO DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN NO CENTRO
COMUNICÁMOSLLES ÁS FAMILIAS INTERESADAS
QUE TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO
DEBERÁ FACER A MATRÍCULA OBRIGATORIAMENTE
DO 20 AO 30 DE XUÑO
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
1 FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINACIÓN
-
1 FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
-
FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ:
-
2 FOTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL
-
1 FOTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
-
-
CERTIFICADO ACADÉMICO DO CENTRO DE ORIXE NO QUE ESTIVO MATRICULADO O CURSO ANTERIOR ( ALUMNADO QUE VÉN DOUTROS CENTROS )
-
1 FOTOCOPIA DA DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE A TUTELA DO ALUMNADO (SÓ NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO )
-
OUTRA DOCUMENTACIÓN: TÍTULO FAMILIA NUMEROSA E CERTIFICADOS MINUSVALÍA
AS FAMILIAS INTERESADAS NO SERVIZO DE COMEDOR DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE CUBERTA NO ANPA DO CENTRO O ANTES POSIBLE
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2015-2016
O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRANGUE DO 21-30 XUÑO.
Documentación formalización matrícula 2015-2016 alumnos/as que SOLICITARON praza no centro
Documentación formalización matrícula 2015-2016 alumnos/as que NON SOLICITARON praza no centro