Horario do centro
ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO
O profesorado do centro é consciente que este curso vai ser algo máis "complicado" que outros en moitos aspectos. Un de eles é o tema das entradas e saídas do alumnado. Precisamos da vosa colaboración, da de todas as familias, para facer que sexa máis doado para todas e todos.
O primeiro que teriamos que pedirvos é que sexades moi respetuosos cos horarios. Se cada familia respecta o horario de entrada e saída e a orde en que entran e saen os respectivos grupos, NON ten por que haber aglomeracións.
O segundo é que manteñades a distancia social. É necesario que sexamos exemplo para os nenos e nenas. Non lles podemos pedir aquilo que nós non respectamos.
A situación na que vivimos é excepcional, polo que require medidas excepcionais e estrictas, para garantizar a seguridade.
Trátase de deixar aos nenos e nenas no portón, pois os profes xa están aí para indicarlles onde se teñen que colocar. Se vos quedades a ver como se colocan ou como suben, impedides que outros nenos e nenas poidan facelo con seguridade.
As entradas e saídas NON poden ser (neste curso) sesións de "minititorías". Os profes temos que estar pendientes do alumnado, non de pais ou nais que queren "decirnos unha cousiña". Para iso haberá outras canles (correo electrónico ao centro, videoconferencias, ou os que indique cada mestre/a).
A saída será da mesma maneira, sempre respectando a orde: os grupos saen sempre na mesma orde e en cada grupo sempre é a mesma orde na fila. Deste xeito, ata que non salga o alumnado de 6ºA, non comezará a sair o de 6ºB; e así sucesivamente e co correspondente horario. Isto quere dicir que as familias que teñen que estar diante son soamente ás que corresponde sair aos seus fillos. As demais terán que retirarse (aínda que falten irmáns doutras clases por sair) ata que lles corresponda.
No caso de que chova, o alumnado de primaria entrará polo portón e se encamiñará ao patio cuberto, onde teñen xa as filas marcadas cos correspondentes números para os respectivos cursos. Os seus profes estarán esperando para acompañarlles e indicarlles. As familias seguirán sen poder entrar no centro e terán que respectar a orde de entrada dos grupos tal e como se indica, así como a súa orde na fila (que sempre é a mesma tanto para entrar como para sair).
O alumnado de infantil entrará coa compañía dun familiar ata o patio cuberto (polo portón do río), dirixíndose á entrada que lle corresponda. A saída será de igual forma e pola orde indicada polo profesorado.
Para que teñades a información completa tedes este cadro que reflexa os horarios e accesos para entradas e saídas:
(NO DOCUMENTO ADXUNTO TEDES O MESMO CADRO EN PDF E TAMAÑO GRANDE)
ORDE SAÍDAS:
1ª QUENDA: 6ºA – 6ºB – 5ºA – 5ºB
2ª QUENDA: 4ºA – 4ºB – 3ºA – 3ºB
3ª QUENDA: 1ºA – 1ºB – 2ºA – 2ºB
FILAS EN DÍAS QUE NON CHOVA | |
FILAS EN DÍAS QUE CHOVA | |
Horario do centro
SITUACIÓN HABITUAL:
O noso centro ten xornada continua de 9:00 a 14:00
O horario da secretaría é de 9:00 a 14:00 e os martes de 16:00 a 18:30
CURSO 2020/2021
Este curso, e debido á sitación producida pola COVID-19, o cambio no horario é inevitable e necesario, para adaptarse ás necesidades xurdidas de distancia social e evitar situacións de aglomeración.
Estes serán os horarios para este curso 20-21:
GRUPOS | ENTRADA | SAÍDA |
EDUCACIÓN INFANTIL(coa salvedade do horario de adaptación dos grupos de 3 anos durante o mes de setembro) |
9,05h | 13,45h |
1º-2º PRIMARIA | 9,05h | 14,00h |
3º-4º PRIMARIA | 8,55h | 13,50h |
5º-6º PRIMARIA | 8,45h | 13,40h |
HORARIO DE SECRETARÍA | ||
DÍAS | MAÑÁ | TARDE |
De luns a venres | 9,30-13,30h | |
Martes | 9,30 a 13,30h | 16,00 a 18,30h |