ECOPERCUSIÓN

O mércores 1 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ampliar a súa formación musical a través dun taller ECO-PERCUSIÓN, tocando diferentes ritmos empregando instrumentos de ecopercusión.

Foi impartido polo percusionista Didier Díaz, mestre cubano.

Foi unha actividade moi divertida e participativa no que o alumnado fixo polirítmia con instrumentos de ecopercusión.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron:

 

 

GRAZAS MESTRE DIDIER, ATA A PRÓXIMA! 

Back to top