2º ciclo

SAÍDA 4º PRIMARIA: VIGO NO TEMPO

O pasado mes de novembro o alumnado de 4º de primaria tivo a oportunidade de visitar a exposición: "Vigo no tempo" sita na Fundación Abanca. Seguro que gozaron moito das explicacións da nosa cidade e dos obradoiros levados a cabo. Deixamos unhas imaxes de mostra. 

 

                                           

SAÍDA 3º PRIMARIA A CORREOS

O alumnado de 3º escribiu unha carta aos seus avós ou avoas. Cheos de ilusión, o luns pasado acudiron á oficina de correos máis chegada ao colexio para botar as cartas no buzón.

LISTA DE MATERIAL 4º PRIMARIA

Lista de materiais para as clases de 4º de primaria

 

 

SAÍDA AO MUSEO LISTE

O mércores 24 de Novembro os nenos e nenas de 4º de Primaria fomos ao Museo Liste a un obradoiro de instrumentos musicais tradicionais. 

 

 

 

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

O pasado día 19 de xuño, os cursos de 3º e 4º foron ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro a coñecer a forma de vida dos homes prehistóricos.

Fixeron unha visita polo amplio parque e actividades como realización de recipientes de barro, recoñecemento de petroglifos, exhibición do lume… Aínda que o tempo non acompañou, pasáronno xenial!

 

 

CAMPAÑA "VIGO RECICLA"

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participaron na campaña ‘Vigo Recicla’, que percorre os centros educativos da cidade promovendo a importancia da tripla R cunha obra de teatro e un videoclip.

A finalidade é iniciar ás nenas e nenos na responsabilidade do coidado e da limpeza da cidade dunha forma divertida e didáctica. Tamén se procura que os rapaces se conciencien, cada vez máis, da importancia da correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambiente.

A campaña conta cunha unidade móbil, con Dinoseto e Dinosetiño como protagonistas. 

Na campaña anterior, Dinoseto e Dinosetiño tamén ensinaban aos nenos a ritmo de rap como separar e reciclar para manter limpa a cidade. Este ano, presentan unha nova canción para sorprender aos máis pequenos en formato de video clip.

 

 

Visitamos o Museo Etnográfico Liste

O alumnado de 3º de primaria visitou o Museo Etnográfico Liste dunha forma diferente. Despois de ver as distintas salas facíannos preguntas para conseguir a combinación secreta dunha caixa forte que tiña un fabuloso tesouro dentro. Pasamos unha mañá xenial!

 

OBRA DE TEATRO "TURRÓN E POLVORÓN CELTÍN"

O alumnado de 4º de Ed. Primaria interpretou a obra de teatro titulada "Turrón e polvorón celtín", na que nos conciencian para levar unha alimentación saudable.

Se non tivestes a sorte de velos en directo, deixamos un vídeo dunha das actuacións.

 

LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou o Teatro Afundación de Vigo para asisitr ao espectáculo "La maravillosa historia del violín trompeta", de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX.

Unha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade convertiremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fuelle do acordeón. 

  

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

O alumnado de 4º de primaria visitamos as illas de San Simón e San Antón para celebrar o fin de curso. Viaxamos en barco dende a estación marítima de Vigo ata alí, e gozamos dun fantástico paseo pola ría de Vigo.

Unha vez nas illas, aprendemos moito sobre a súa historia grazas á información proporcionada polo equipo de monitores que nos acompañou e a unha proba de orientación e búsqueda de pistas polas dúas illas. Ademáis merendamos dando un paseo en barco pola ría, para rematar cunha estupenda sesión de disco-barco de volta hacia a estación. Foi un día xenial!

 

 

Distribuir contido

Back to top