3º ciclo
Música coa Escola (E-TRAD. Escola municipal de música folk e tradicional)
Posted Abril 10th, 2019 by pablobarrefer
O martes 9 de abril, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu ao concerto didáctico "Vigo en Sons", a cargo do profesorado da E-TRAD no Auditorio municipal do Concello de Vigo.
O concerto baseouse na interpretación dun repertorio seleccionado das formacións históricas de música tradicional e folk de Vigo, ilustrando cada tema cunha proxección audiovisual na que se recrean aspectos transversais (historia, cultura, clima,...) da cidade e das súa bisbarra.
A experiencia foi moi enriquecedora, leda e participativa.
Teatro en Inglés (Tarzan)
Posted Xaneiro 28th, 2019 by pablobarreferO pasado venres 25 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º visitou o teatro Afundación para ver e participar na obra de teatro en inglés "Tarzan" da compañía Face2Face.
Alí estivemos cantando, bailando e aprendendo inglés dun xeito divertido. Nesta obra repasamos nomes de animais, roupa, comida, algunhas preposicións e os tempos verbais present simple e present continuous.
Charla.- Os perigos de internet
O día 16 de Novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre os perigos de internet, impartida pola Policía Nacional.
Nesa charla informouse ao alumnado sobre varios delitos que se cometen empregando as redes sociais, e o que deben facer para protexerse deles e realizar un uso seguro de internet.
OBRA DE TEATRO ZAPPING
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu, o pasado xoves 18 de xaneiro, ao Teatro Afundación para ver a obra "Zapping" da compañía teatral Blue Mango Theatre.
A obra trata dunha nena que ten un exame de Ciencias e ten que aprender o nome dos planetas. Por outra parte, na escola hai un Talent Show e ela escribiu unha canción para participar, aínda que canta moi mal.
A súa irmá é unha abusona, pero toca moi ben a guitarra e o seu amigo Brian canta moi ben.
Ao comezo todo lle sae moi mal ata que atopa un aparato que lle permite rebobinar o que ocorre ou ir hacia adiante no tempo. Con ese aparato consegue que a súa irmá deixe de abusar dela e de Brian; consegue aprenderse os planetas e, ao final, que a súa irmá e Brian participen con ela no Talent Show e gañen.
No fondo de toda a historia está o "bullying" e como se pode actuar ante el.
Hora do Código
Voltamos a compartir con estudantes e docentes de todo o mundo a Hora do Código.
A Hora do Código é un movemento global, que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países, é unha introdución dunha hora de duración ás Ciencias da Computación, diseñada para mostrar que todo o mundo pode aprender a programar e así comprender os fundamentos básicos da disciplina.
A hora do código (#hourofcode)
Os alumn@s de 6º B de educación primaria apadriñaron aos alumn@s de 6ºB de educación infantil para poder participar no evento mundial "A hora do código" (#hourofcode). Durante unha hora os nenos e nenas maiores axudaron aos máis peques a superar as pantallas de distintos xogos á vez que ían aprendendo acerca da programación e o pensamento computacional.
Obradoiro de primeros auxilios.
Os alumnos/as do 5º de E. primaria realizaron onte un obradoiro de primeiros auxilios onde recibiron nocións básicas de como actúar frente a unha situación de atragantamento ou dunha parada cardíaca. Todos/as estiveron moi atentos e foron conscientes da importancia de saber actuar nunha situación así.
Visita do Trigal ao 3º ciclo.
Ao igual que os alumnos de infantil, os de 1º ciclo e os de 2º ciclo, os alumnos de 3º ciclo disfrutaron dunha actividade coa panadería O Trigal, que viñeron a explicarnos como se fai o pan e os tipos que hai.