OBRA DE TEATRO ZAPPING

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu, o pasado xoves 18 de xaneiro, ao Teatro Afundación para ver a obra "Zapping" da compañía teatral Blue Mango Theatre.

A obra trata dunha nena que ten un exame de Ciencias e ten que aprender o nome dos planetas. Por outra parte, na escola hai un Talent Show e ela escribiu unha canción para participar, aínda que canta moi mal.

A súa irmá é unha abusona, pero toca moi ben a guitarra e o seu amigo Brian canta moi ben. 

Ao comezo todo lle sae moi mal ata que atopa un aparato que lle permite rebobinar o que ocorre ou ir hacia adiante no tempo. Con ese aparato consegue que a súa irmá deixe de abusar dela e de Brian; consegue aprenderse os planetas e, ao final, que a súa irmá e Brian participen con ela no Talent Show e gañen.

No fondo de toda a historia está o "bullying" e como se pode actuar ante el.

 

Back to top