Música coa Escola (E-TRAD. Escola municipal de música folk e tradicional)

 

O martes 9 de abril, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu ao concerto didáctico "Vigo en Sons", a cargo do profesorado da E-TRAD no Auditorio municipal do Concello de Vigo.

O concerto baseouse na interpretación dun repertorio seleccionado das formacións históricas de música tradicional e folk de Vigo, ilustrando cada tema cunha proxección audiovisual na que se recrean aspectos transversais (historia, cultura, clima,...) da cidade e das súa bisbarra.

A experiencia foi moi enriquecedora, leda e participativa.

Back to top