Actividades do Concello

Actividades do Concello

Música coa Escola (E-TRAD. Escola municipal de música folk e tradicional)

 

O martes 9 de abril, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu ao concerto didáctico "Vigo en Sons", a cargo do profesorado da E-TRAD no Auditorio municipal do Concello de Vigo.

O concerto baseouse na interpretación dun repertorio seleccionado das formacións históricas de música tradicional e folk de Vigo, ilustrando cada tema cunha proxección audiovisual na que se recrean aspectos transversais (historia, cultura, clima,...) da cidade e das súa bisbarra.

A experiencia foi moi enriquecedora, leda e participativa.

Actividade de reciclaxe.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria puideron disfrutar dunha actividade organizada polo concello, Contenur e FCC. Esta actividade estaba enfocada a concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de reciclar os envases. Para esta actividade trouxeron un camión e todos os alumnos/as recibiron un comic, unha camiseta e unha taza. Ademáis, contamos cunha visita moi especial: Abel Caballero, o alcalde de Vigo! Que pasou un rato moi divertido cos nenos e nenas.

 

AXENDA CULTURAL DE VIGO

A través da páxina do Concello poderás consultar á axenda cultural de Vigo e estar ao día nas actividades culturais que se ofertan tanto para adultos como para nenos/-as. Para consultala fai clic no logo.

 

                       

Distribuir contido

Back to top