6º CURSO

Actividades e traballos realizados nas aulas de 6º

TRABALLO DE 6º

TRABALLO DAS MATERIAS
COÑECEMENTO DO MEDIO
MATEMÁTICAS
LENGUA ESPAÑOLA
 
  1. Instrucciones para el acceso al libro: https://dl.dropboxusercontent.com/u/110399915/6%C2%BA%20curso/Lingua/instruccionesaccesoalumno.pdf
  2. Acceso al libro: http://www.smlir.com   Cada alumno/a tiene su identificador en su correo.  (fijaos en si pone libro digital lengua española o libro dixital lingua)
  • ACTIVIDADES SOBRE LIBROS DE LECTURA:
  1. El niño con el pijama de rayas: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ies_azcona/libros%20digitalizados/doc/Guia%20de%20lectura%20El%20ni%C3%B1o%20del%20pijama%20de%20rayas.pdf
LINGUA GALEGA
  1. As flores radiactivas: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1354010423/contido/as_flores_radiactivas.html
  1. Instruccións para o acceso ao libro: https://dl.dropboxusercontent.com/u/110399915/6%C2%BA%20curso/Lingua/instruccionesaccesoalumno.pdf
  2. Acceso ao libro: http://www.smlir.com   Cada quen ten o seu identificador no seu correo.
PLÁSTICA

INFORMÁTICA

Traballando co Domo Animate:

FRANCÉS
CIDADANÍA
 
MÚSICA
 

Graduación de 6º de EP.

Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de EP, promoción de alumnas e alumnos 2013-2022, dixo adeus ao seu paso polo centro cun acto de graduación moi emotivo e bonito. As rapazas e rapaces prepararon diferentes actuacións musicais e recibiron os seus diplomas da man dos seus tutores e tutoras, así como unha grande parte de todos os mestres e mestras que os acompañaron ao longo destes 9 anos.

Aquí podedes ver fotos desta celebración tan especial.

DIA DOS HUMEDAIS DE GALICIA

O alumnado de 6º de primaria fixo unha saída ao río Lagares co motivo do día das Zonas Húmidas, baixo o lema "As zonas húmidas están cheas de vida: a biodiversidade das zonas húmidas é importante". Con esta saída observaron a vida do Lagares e que hai que ser respetuosos e limpos co noso entorno. Prantaron árbores no río, viron toda a vida microscópica das charcas con diferentes útiles, coñeceron o antigo cauce do río, e ata viron unha lontra e garzas!!! Tamén aprenderon sobre as árbores que rodean o río e puideron diferenciar entre as autóctonas e as tropicais. Unha saída que disfrutaron moito!!

 

RECOLLEITA DE PATACAS NA HORTA

Primeiro paseamos pola horta, observando todas as plantacións feitas polos compañeiros do colexio. E por fin, despois de varios meses de espera, recolleitamos as nosas patacas. Que sorpresa! Había de todolos tamaños. Lavámolas in situ e eproveitamos a auga para regar a horta. 

Logo asámolas envoltas en papel de aluminio e comémolas con queixo de untar, manteiga e atún.

Estaban deliciosas!

EXCURSION MANZANEDA 6ª CURSO 2019

2ª entrega de fotos sobre a viaxe a Manzaneda.

Excursión a Manzaneda.

O alumnado de 6º de primaria realizou un viaxe de 3 días a Manzaneda para realizar un montón de actividades tales como montar a cabalo, en kart... foron uns días cheos de emocións e aventura. No vídeo podedes ver que ben o pasaron.

Taller de montaxe de microscopios

Os pasados días 4 e 5 de abril, os grupos de 6º de primaria participaron nun taller de montaxe de microscopios de papel, contratado pola dinamización de laboratorio con Knowleb .

Individualmente e paso a paso, seguindo as instrucións , cada alumna/alumno montou o seu propio microscopio e, posteriormente todas e todos participaron, por equipos, nun xogo chamado a “Academia da Policía Científica”.

Clicando aquí poderedes ver as fotografías da actividade.

Obradoiro Ecopercussión

 

O xoves 11 de abril, o alumnado de 6º de EP tivo a gran sorte de participar nunha actividade moi divertida ampliando a súa formación musical.

Didier Díaz, mestre cubano, estivo no centro ensinando a tocar diferentes ritmos empregando unhas baquetas nuns instrumentos de ecopercussión.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron.

Pasámolo moi ben e quedamos todos moi contentos e con gañas de continuar aprendendo. Agradecemos ao mestre Didier a súa colaboración!

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS INFORMACIÓN - SENSIBILIZACIÓN

O Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo ofertou ao centro un programa de prevención de consumo de drogas Información-Sensibilización, destinado ao alumnado de 6º de primaria.

O programa desenvolveuse durante os tres primeiros luns do mes de febreiro e o luns 18 de marzo, en sesións dunha hora en cada grupo. Os contidos das diferentes sesións foron:

- 1ª sesión: Que son as drogas?

- 2ª sesión: O tabaco

- 3ª sesión: O alcohol

- 4ª sesión: Asertividade

A finalidade última destas intervencións preventivas é a de promover a adopción de estilos de vida saudables entre a poboación destinataria, procurando que se reduzan as prevalencias dos consumos de drogas e os problemas sociosanitarios asociados con eles.

Obxectivos específicos que se tratan de cubrir con estas intervencións:

- Reducir as actitudes favorables ao uso das drogas.

- Incrementar a percepción do risco asociado ao uso de distintas drogas.

- Modificar as crenzas e mitos sobre os efectos das distintas substancias.

- Reducir a intención de consumir drogas no futuro.

 

VISITA AO CONCELLO

O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha visita ao Concello o xoves 24.

Percorrimos a lonxa, a sala de prensa, o centro de control do tráfico, o laboratorio e o lugar estrela: o pleno onde se reúnen o alcalde e os concelleiros.

Aquí vos deixamos un vídeo do noso percorrido:

 

Distribuir contido

Back to top