6º CURSO

Actividades e traballos realizados nas aulas de 6º

Obradoiro de matemáticas na Fundación Barrié de la Maza.

Os alumnos de 6º de Educación Primaria asistiron a un Obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, onde puideron realizar moitas actividades relacionadas cos números e a lóxica. 

Obradoiro de robótica.

Os alumnos de 6º de primaria realizaron un obradoiro de robótica no área de ciencias naturais no que traballaron contidos da célula.

Exposición de galegas ilustres.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron unha exposición de carteis con códigos QR adicados a figura de distintas mulleres galegas que destacan en distintos campos.
Ao ler o código QR se accede a un vídeo feito coa app ChatterPix onde cada protagonista do cartel conta a súa historia.
Para ver o resto de vídeos premer aquí.

Resultado do sorteo das rifas para a excursión de 6º

O número premiado resultante do sorteo da Rifa para excursión de fin de curso para 6º de primaria do curso 2014/2015 que levará o Ipad mini é o 561.

No caso de non aparecer o boleto correspondente a este número, hai un número de reserva que é o 149.

Moitas grazas pola vosa participación!!!

 

As actividades económicas en España

Elaborar un mapa temático sobre a localización industrial en España partindo desta imaxe

  1. Pinta coa cor da lenda as principais áreas que están sinaladas no mapa e que corresponden ás grandes zonas industriais españolas.
  2. Sitúa nos puntos sinalados os municipios industriais máis importantes.
  3. Escribe un título na parte superior esquerda.

A poboación española

A poboación española

Distribuir contido

Back to top