Vídeo do noso centro
Co motivo das xornadas sobre competencias docentes organizadas pola Consellería de Educación, o noso centro presentou como se traballa a competencia dixital nas diferentes etapas educativas. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra de todo o que se fai día a día nas nosas aulas.
8 M, PON OS LENTES VIOLETAS
I Obradoiro Steam en familia.
As familias tiveron a oportunidade de ver todo o que fixo o alumnnado do centro durante esta segunda avaliación da man dos seus propios fillos e fillas, que foron os que lles mostraron non so o producto final senón que lles ensinaron como facelo, de tal maneira que puideron facer os seus propios debuxos, circuitos, prototipos...
LIMPIÑA, A PRAIA MÁIS BONITIÑA
O proxecto anual deste curso é: "AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"
O mar cobre a maior parte do noso planeta. Nel viven miles de especies animais que nos proporcionan alimento. Cando o mar se achega ás nosas costas, gozamos de fermosas praias que nos axudan a descansar e a divertirnos. Pero como todas as cousas valiosas, temos que ser nós os que coidemos este tesouro de sol, auga e area, respectando a súa hixiene para que as praias e o mar estean limpos sempre, e procurando non molestar ás persoas que gozan da praia á vez que nós.
O alumnado de 2º de Educación Primaria, comprometido co medio ambiente, quere contarvos a historia de Limpiña, unha das tantas praias que temos en Galicia e facernos reflexionar.
A técnica audovisual empregada para realizar o seu traballo é o Croma, na que se reemplaza á area que ocupa unha cor por unha imaxe fixa ou unha imaxe en movemento. Técnica moi empregada tanto no cine coma na televisión.
UNHA VIAXE POR LAXEIRO
A Escola Municipal de Música de Vigo colabora co Museo Marco, aproveitando a exposición de Laxeiro, poñendo en práctica un experimento pictórico-musical onde o alumnado poderá disfrutar da pintura de Laxeiro e a música dos profesores da Escola Municipal.
O alumnado de 2º de Educación Primaria aproximouse dun xeito lúdico, con actividades diferentes, ao concerto que escoitaron e decatáronse dos xeitos de expresión artística compartidas nas dúas disciplinas. Responderon tamén as seguintes cuestións:
- Soa un cadro?
- Podes ver a música?
- Como soan as cores?
- Que formas teñen os sons?
Deixamos unha pequena mostra da gran experiencia vivida:
PERIODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23/24
Comezou o prazo de presentación de solicitude de admisión ordinario para o próximo curso escolar, ata o 20 de marzo.
NAVEGANDO POLO UNIVERSO
O venres 3 de marzo o alumnado de 2º de Educación Primaria sumerxíuse no interior dun moderno planetario móbil co fin de viaxar polo espacio e no tempo.
Unha experiencia educativa na que vimos, con total precisión, o ceo nocturno dende calquera lugar da Terra e a visión do Universo dende calquera lugar do espazo, mostrando as posicións exactas dos elementos que o integran en calquera momento: presente, pasado o futuro.
Unha experiencia que non esquecerán!
Visita Erasmus+ dende Eslovenia
A semana pasada visitáronnos Mateja e Gordana, dúas mestras de infantil de Eslovenia, dentro do noso proxecto Erasmus+ "Our eco-school is blooming". Coñeceron os proxectos do noso cole, viviron o Entroido e tamén nos ensinaron moito sobre a súa cultura! E ata viñeron con nós de excursión a Coruña!
FESTA DO ENTROIDO
O pasado venres 17 de febreiro celebramos o desfile de ENTROIDO, recuperando a vella tradición de desfilar por fora do cole. Disfrutade do vídeo!!!!
VISITA DE ARTURO SABUGUEIRO
O venres 20 de xaneiroo alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a ledicia de coñecer a Arturo Sabugueiro Castro, nado en Vigo. Foi cantante da Orquesta Sintonía de Vigo e fundador e cantante da Royal Orquesta de Galicia.
Na entrevista feita pola súa neta Naiara aprendimos moito sobre a súa traxectoria musical, onde púxolle voz a Songoku en "Dragon Ball" e foi o compositor da sintonía de "Doraemon", o famoso tema "O peto máxico".
Finalizamos felicitándoo pola canción "Vivamos xuntos o Nadal", fañadora do concurso musical "Este Nadal canta con nós" da CRTVG. Interpreta a canción coa súa neta Noa Antepazo, acompañada do seu pai Juan Antonio, e do seu avó Arturo Sabugueiro.
Moita sorte nas túas andanzas e esperamos poder disfrutar desta magnífica experiencia nalgún outro momento.
Moitas grazas!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »