Gallego

G1401076 Creación de ambientes persoais de aprendizaxe

Summary: 

Curso para mellorar a competencia dixital do profesorado
Gallego

Código da actividade: G1401076

Temporalización: 2º trimestre, curso académico 2014/2015

Data límite de inscrición: 12/12/2014

Lugar: En rede

Prazas: 150

Duración: 50 horas

Obxectivos:

1.Coñecer de forma práctica o proceso de creación, configuración e xestión dunha rede social de aula nos distintos niveis educativos

2.Establecer e desenvolver estratexias metodolóxicas e dinámicas participativas para traballar colaborativamente a través da rede social segundo as competencias básicas

3.Elaborar e publicar colaborativamente contidos didácticos cos recursos e ferramentas da rede social e da web 2.0 nun espazo compartido

Contidos:

1.Creación, administración e xestión dunha rede social educativa nun entorno docente

2.Construción e xestión da identidade dixital: perfil de usuario

3.Estratexias e ferramentas de dinamización e colaboración na rede social de aula: mensaxería, chat, videochat, foro, etc.

4.Integración dos recursos didácticos da web 2.0 na rede social: Google Docs, Google Sites, formularios, etc.

5.Elaboración e publicación de recursos didácticos mediante o traballo colaborativo de toda a rede social de aula: wiki, blogs

6.Avaliación de todos os procesos e traballo colaborativo creado e publicado polo alumnado dentro do espazo compartido da rede social: formularios ou cuestionarios de avaliación online

7.Prevención do ciberacoso no ámbito escolar

Asesor de contacto: Ignacio Rodiño Caramés (nachorodino@edu.xunta.es)

Inscrición ata o 12/12/2014 en fprofe.

Creación de ambientes persoais de aprendizaxe
Creación de ambientes persoais de aprendizaxe

IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar

Summary: 

Terá lugar na cidade de Santiago de Compostela os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015
Gallego

A Asociación Galega para a Docencia e a Investigación do Atraso Mental (A.Ga.D.I.R.) e o grupo de investigación ESCULCA están a organizar o IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef), que terá lugar os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela e no que se darán cita prestixiosos investigadores de todo o mundo do campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares.

IV Congreso Internacional de Atenciín Temperá e Educación Familiar

V1402004 Xornadas de Robótica e Realidade Aumentada

Summary: 

O día 28 de novembro e ata o 4 de decembro, terán lugar as Xornadas de Robótica e Realidade Aumentada, no CFR de Vigo.
Gallego

O día 28 de novembro e ata o 4 de decembro, terán lugar as Xornadas de Robótica e Realidade Aumentada, no CFR de Vigo.

Robótica

Robótica
Xornadas de Robótica e Realidade aumentada

Experiencias educativas con TIC. Participa!

Summary: 

Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado!
Gallego


Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado! Poderás compartir a túa experiencia co resto do profesorado e participar no próximo “EscolaTIC 2015". O único que tes que facer é cubrir o seguinte formulario para facernos chegar a túa proposta:

https://docs.google.com/forms/d/1xvNP3EOPw9iQwu1DXotgwLUU7QFEFDg1yRQ0e8u...

Anímate ou anima a outros/as compañeiros/as do teu centro!

Achega de experiencias TIC

Actividades en centro aprobadas. Curso 2014/2015

Summary: 

Seminarios e grupos de traballo aprobadas para o curso 2014/2015.
Gallego
Actividades en centro

Foro Internacional dos Contidos Dixitais

Summary: 

Acada a súa sexta edición co obxectivo de responder ás inquedanzas do sector dos contidos dixitais en España
Gallego

Desde Red.es estase organizando a sexta edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid. Reunirá baixo un mesmo teito aos principais actores das diferentes áreas que o compoñen: audiovisual, música, videoxogo, publicidade e márketing dixital, comercio electrónico, aplicacións, redes sociais, e-learning, publicacións e servizos e produtos tecnolóxicos para contidos dixitais. Neste sentido, resulta especialmente interesante para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria o Eixo Talento. Podedes consultar o programa interactivo nesta ligazón: PROGRAMA.  O evento poderase seguir por streaming na páxina web oficial.

ficod
ficod

Aula Aberta de Aprendizaxe

Summary: 

Crea e emite dende a aula con dispositivos móbiles
Gallego

O pasado 29 de outubro tivo lugar a primeira Aula Aberta de Aprendizaxe organizada polo Departamento TIC do CAFI.

Este novo tipo de actividade formativa ten carácter práctico (obradoiros), presencial e vinculado á aula, carece de certificación e está en período de proba.

Nesta ocasión consistiu na creación e emisión de experiencias na aula centradas no uso metodolóxico dos dispositivos móbiles. Asistiron unha decena de profesores e o traballo estivo guiado por Manel Rives, Asesor de Formación do CAFI. A actividade centrouse na elaboración de produtos con dinámicas que faciliten que na aula o proceso de creación sexa protagonizado polo alumnado, dende a creación de mapas mentais ata o uso da imaxe como elemento didáctico.

O profesorado asistente valorou de forma positiva este tipo de iniciativas e dende o departamento TIC do CAFI estase a traballar nunha próxima actividade similar.

AULA ABERTA DE APRENDIZAXE
AULA ABERTA DE APRENDIZAXE

F1402004 - Xornadas de robótica para secundaria

Summary: 

Os días 28 e 29 de novembro vanse desenvolver as I Xornadas de robótica para secundaria no CFR de Ferrol. O IES As Telleiras de Narón acollerá estas xornadas nas que a robótica con LEGO e ARDUINO terán o papel principal.
Gallego

Data de comezo: 28 de novembro de 2014

Data de finalización: 29 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Salón de actos do IES As Telleiras de Narón

Número de horas totais: 12 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61242

Enlace Aula Virtual: www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/category.php?id=308

Xornadas de robótica
Robótica para secundaria

Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Summary: 

Quinto e último nivel do itinerario de competencia dixital do profesorado
Gallego

Referencia: G1401047
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50
Duración: 100 horas
Terán prioridade os que teñan superado o nivel anterior (nivel medio) ou realizado o cuestionario de autoavaliación de competencia en TIC

Obxectivos:

1.Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.

2.Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modal

3.Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos:

1.Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.

2.Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.

3.Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.

4.Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das tecnoloxías da información e da comunicación no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos.

5.Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

6.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.

7.Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Asesor de contacto: Xosé Antón Vicente Rodríguez  (antonvicente@edu.xunta.es)

Nivel avanzado en competencia TIC
Nivel avanzado en competencia TIC