Gallego

O IES Eduardo Pondal presenta o proxecto CANSAT

Summary: 

IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT no día internacional da muller
Gallego

Hoxe día Internacional da Muller e da nena na Ciencia, presentouse no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT.

Un CANSAT é unha simulación do lanzamento dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. Un dos requirimentos engadidos é cumprir cunha misión científica a realizar durante ese lanzamento. Todo o proceso realízao o alumnado amosando todas as súas comptencias clave.

 

Así dende o CFR de A Coruña, como membro colaborador, pudemos acompañalos no proceso de presentación do proxecto que retomaron do ano pasado para melloralo e obter mellores resultados que na anterior edición. Acompañamos ao  grupo de 8 alumnos e alumnas cunha gran iniciativa e moitos intereses polo mundo científico. Un grupo moi motivado e con moita iniciativa que o ano pasado quedou nun segundo posto na fase rexional sen ter a sorte de poder voar o seu satélite. Polo que prometeron que nesta edición volven tentalo.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardopondalponteceso/CanSat

Twitter: @pontesat

Instagram: @pontesat

proxecto CANSAT
proxecto CANSAT

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

G2002130 Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos

Summary: 

Nova formación sobre Intelixencia Artificial en formato MOOC.
Gallego

AI Basics for Schools é un MOOC onde os docentes exploran o potencial e as limitacións da IA ​​e descubren como pode permitirlles implementar novas formas de ensinar e aprender a aula. Esta formación ofrece aos profesores a oportunidade de adquirir unha comprensión básica sobre a IA e como integrar os recursos de IA no seu ensino co obxectivo de mellorar a experiencia de aprendizaxe dos estudantes.

A través deste curso de tres módulos, os participantes observarán os elementos básicos da IA, aprenderán a definir a IA, verán as formas en que a IA xa se usa na nosa vida cotiá e explorarán as oportunidades e os retos da IA ​​para ensinar e aprender. 

Tamén explorarán recursos para apoiar a aprendizaxe dos estudantes e, ao mesmo tempo, permítenlles usar creativamente a IA para axudar aos demais e resolver problemas. Descubrirán actividades relacionadas coa IA que se poden implementar facilmente en diferentes contornos de aprendizaxe: totalmente en liña, híbrido / combinado e unha aula distante fisicamente. Finalmente examinarán cuestións éticas detrás da intelixencia artificial e aprenderán a axudar aos seus estudantes a desbloquear o potencial da IA.

O Curso masivo en rede AI Basics for Schools está promovido pola Codeweek e a European Schoolnet Academy sendo unha actividade do plan de Formación 2020-2021 en Galicia. 

Os pasos a seguir para certificar as 15 horas son os seguintes.

  1. Atoparás a  actividade en Fprofe, o código da actividade é “G2002130  Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos ” https://www.edu.xunta.es/fprofe/. As prazas están limitadas a 25 e cubriranse por orde rigurosa orde de inscrición. Deberás confirmar a túa participación no prazo indicado no correo.

  2. Inscríbite tamén na plataforma da EUN https://www.europeanschoolnetacademy.eu/courses/course-v1:CodeWeek+AI+2021/about. Se non tes un usuario podes iniciar o rexistro nela e crealo.

  3. Na ligazón anterior podes atopar toda a información para coñecela: Obxectivos, contidos, coordinadores, moderadores, etc.. 

  4. O curso ten 3 módulos, iníciase o 8 de marzo e remata o 7 de abril, o tempo estimado de adicación en cada módulo é de 5 horas.

    1. Módulo 1: Que é a IA? - abre o 03/03/2021

    2. Módulo 2: IA en educación - abre o 15/03/2021

    3. Módulo 3: Beneficios e retos da IA: ábrese o 22/03/2021

  5. No módulo atoparás información sobre o tema específico, vídeos e materiales  complementarios, espazos de intercambio, actividades e un pequeno cuestionario.

  6. O final do curso terás que deseñar unha pequena proposta didáctica para a túa aula para incluir e aplicar todo o aprendido no MOOC. Esta proposta será coavaliada entre pares sendo revisada por otros dous compañeiros do curso. Lembra que o idioma de comunicación é o inglés.

  7. O superar o MOOC na EUN recibirás o seu certificado dixital, para obter o certificado correspondente a administración galega tes que remitir o da EUN por correo a cafi.aulanova1@edu.xunta.gal. Data de recepción de certificados 15 de abril do 2021.

  8. Podes seguir toda a info do curso nas redes sociais: Twitter, grupo de Facebook e Instagram

  9. Coñece o traballo doutros docentes europeos e conecta con eles e explora o contido da web da Codeweek https://codeweek.eu/

AI
G2002130 Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales

Boletín de recursos do CFR da Coruña

Summary: 

Publicado un novo exemplar do “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Gallego

O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.

Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este,  que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.

O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.

Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.

Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.

boletín CFR
boletín CFR

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

Summary: 

Aprende unha metodoloxía activa para traballar nos proxectos de clase.
Gallego

Código do curso: G2002076

Relator: Marcos Saavedra Seoane

Duración: 12 horas

Datas: 9, 16, 23 de marzo (Videoconferencia a través de Webex).

Lugar: Realizarase a través de videoconferencia Webex de dúas horas de duración.

Obxectivos

1.Aprender e implementar a metodoloxía SCRUM na aula.

2.Potenciar a confianza creativa e implementar novas técnicas en proxectos STEM/STEAM.

3.Desenvolver proxectos no ámbito STEM/STEAM en tempos reducidos.

Contidos

1.Condicións ideais para a aplicación da metodoloxía Agile.

2.Fases e etapas do proceso.

3.Desenvolvemento rápido e comunicación de proxectos STEM/STEAM áxiles.

 

Máis información e inscripcións en Fprofe

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking

Summary: 

Actividade de formación de Aula Nova.
Gallego

Aula Nova oferta unha nova actividade de formación dentro da súa liña de traballo AulaNova Lab enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos interdisciplanais de aula no eido STEM/STEAM.

A formación Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking emprega esta metodoloxía para coñecer os pasos para implementala no prototipado. O pensamento de deseño tratar de atopar unha solución para facilitar a resolución dun problema real do docente seguindo unha secuencia consecutivas de etapas ben definidas.

Nesta formación, dinámica e activa, o proceso está contextualizado na educación.

As súas características son:

1.Duración: 12 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 21.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 9, 18, 23 e 25 de febreiro

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Ximnasia creativa. Deseño dun agasallo. Presentación. Creación dun proxecto de aula ou de centro. Mapa de empatía.

  • Sesión 2: Ximnasia creativa. Customer Journey map. Conceptualización. Integración de Scratch e Microbit.

  • Sesión 3: Ximnasia creativa. Análise do feedback. Redeseño da proposta. Presentación.

  • Sesión 4. Traballo individual na aula virtual

7.Relatores: Equipo de Vermislab

Inscrición en Fprofe co código da actividade.

Design Thinking
Desingn Thinking

Actividades de Aula Nova

Summary: 

Resumo de actividades de Aula Nova
Gallego

Dende Aula Nova organizamos o plan formativo STEM/STEAM en 5 liñas de traballo, en cada unha destas liñas específicas poderás atopar actividades para ir avanzando. Este é o resumo onde aparecen os códigos de cada unha delas. 

1.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula poderás atopar 3 cursos:

  • G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design thinking

  • G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM 

  • G2002070 Gamificando en matemáticas

2.AulaNova Divulga consta dunha actividade composta por varias charlas en formato videoconferencia para estar ó dia na tecnoloxía e o mundo #maker.

  • G2002077 Tecnoloxía e creación maker

3.AulaNova Investiga quere impulsar a investigación docente para implementala nas aulas. Podes formarte en cursos específicos sobre a levitación ultrasónica, ferramentas e recursos para a educación #STEM e aprender facendo coa proposta de Xuvenciencia.

  • G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

  • G2002069 Ferramentas e recursos para mellorar a educación STEM en diversas áreas

  • G2002078 Xuvenciencia. Aprender facendo

  • G2002068 Prototipado con E-téxtiles

4.AulaNova Programa. Nesta liña a programación, nas suas múltiples variantes,  é o fío condutor. Podes escoller aprender a programar en linguaxe Python, empregar simuladores robóticos para control dos autómatas, sacarlle partido á placa Microbit ou empregar a programación analóxica sen dispositivos.

  • G2002074 Programar en Phyton

  • G2002072 Laboratorio robótico

  • G2002075 Programar sen usar o ordenador

  • G2001128 Microbit. Programación con MakeCode e proxectos STEAM

5.AulaNova no espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores de equipos en centros galegos. Esta formación dividida en varias sesións dará soporte ao traballo desenvolto nas misións espaciais.

  • G2002127 Cansat. De Galicia ao espazo

Para poder participar busca o código en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso seletivo condicionado polos requisitos do curso e poderás experimentar a formación en primeira persoa. Todas as formación se realización por videoconferencia empregando Webex, algunhas das formacións levan kits de traballo asociados que serán enviados aos centros docentes.

 

actividades formativas
Actividades formaticas AulaNova

G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Summary: 

Novo curso na plataforma Platega con prazas dispoñibles
Gallego

Referencia: G2001035

Datas de celebración:  do 24/02/2021 ao 12/05/2021

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  50

Horas: 50

Persoas destinatarias: profesorado de FP

Descrición:

Neste curso reflexionaremos sobre a importancia de educar en valores na etapa educativa de formación profesional - FP básica, ciclos medios e ciclos superiores, - para introducir na práctica docente algún dos valores esenciais para formar á cidadanía democrática que exixe a sociedade.

O profesorado participante deberá ser capaz de repensar e redeseñar a programación dos seus módulos dende unha visión de educación en valores, así como desenvolver “unha mirada en valores” respecto aos espazos e ás accións educativas de centro para propor melloras de cara á formación integral do seu alumnado.

Módulos do curso:

    • Módulo 1: A necesidade de educar en valores na FP. O obxectivo central destas semanas consistirá en reflexionar sobre a necesidade da educación en valores na etapa formativa da formación profesional. Analizaremos os puntos fortes e débiles do noso centro educativo e  alumnado e revisaremos a normativa educativa de aplicación para  saber que valores debemos reforzar.
      
    • Módulo 2: Traballando  valores na FP: o currículum non consciente. O obxectivo central destas semanas consistirá en analizar as opcións, os momentos e as posibilidades dos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe e que neste curso denominamos “currículum non consciente”: repensando os espazos de traballo, tanto físico como dixital; analizando a linguaxe e imaxes dos materiais de traballo que empregamos na aula e/ou no centro; e reflexionando sobre nós como docente modelo.
      
    • Módulo 3: Programando valores na FP: o currículum consciente. O obxectivo central destas semanas é idear e programar de forma consciente e reflexionada accións educativas vinculadas aos valores; creando entre todos/as un repositorio de ideas para aplicar tanto no centro e nos módulos.

Inscricións: en Fprofe ata o 8 de febreiro

Ficha do curso

 

 

Curso_G2001035
G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados

Summary: 

As xornadas de formación para equipos directivos dos CRA celebraranse a través de videoconferencias entre o 18 de febreiro e o 17 de marzo. O prazo de inscrición remata o 31 deste mes de xaneiro de 2021.
Gallego

As Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados (CRA) dispoñen de 40 prazas e implican 15 horas presenciais. Nesta edidión 20-21 celebraranse a través da plataforma Cisco Webex. As persoas admitidas recibirán unha ligazón para cada sesión.

O 31 remata o prazo de inscrición e é importante que a rede de CRA se apoie e intercambie ferramentas e recursos a través tamén de modalidades formativas coma esta, co que lles convidamos, equipos directivos de CRA, a vos apuntar a estas xornadas específicas para vós. O código en FPROFE é G2002014. Tras se dar de alta en FPROFE, pode seguir esta ligazón para se anotar.

O enfoque levouse a cabo tras unha detección de necesidades e céntrase na nube, en metodoloxías activas de aprendizaxe, infraestructuras e no reforzo do intercambio de experiencias da nosa rede de CRA, así como a proxección da mesma a nivel nacional e até internacional.

portada directivos cra 20-21
portada directivos cra 20-21