G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Novo curso na plataforma Platega con prazas dispoñibles
Mér, 20/01/2021 - 14:57
Curso_G2001035
G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Referencia: G2001035

Datas de celebración:  do 24/02/2021 ao 12/05/2021

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  50

Horas: 50

Persoas destinatarias: profesorado de FP

Descrición:

Neste curso reflexionaremos sobre a importancia de educar en valores na etapa educativa de formación profesional - FP básica, ciclos medios e ciclos superiores, - para introducir na práctica docente algún dos valores esenciais para formar á cidadanía democrática que exixe a sociedade.

O profesorado participante deberá ser capaz de repensar e redeseñar a programación dos seus módulos dende unha visión de educación en valores, así como desenvolver “unha mirada en valores” respecto aos espazos e ás accións educativas de centro para propor melloras de cara á formación integral do seu alumnado.

Módulos do curso:

    • Módulo 1: A necesidade de educar en valores na FP. O obxectivo central destas semanas consistirá en reflexionar sobre a necesidade da educación en valores na etapa formativa da formación profesional. Analizaremos os puntos fortes e débiles do noso centro educativo e  alumnado e revisaremos a normativa educativa de aplicación para  saber que valores debemos reforzar.
      
    • Módulo 2: Traballando  valores na FP: o currículum non consciente. O obxectivo central destas semanas consistirá en analizar as opcións, os momentos e as posibilidades dos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe e que neste curso denominamos “currículum non consciente”: repensando os espazos de traballo, tanto físico como dixital; analizando a linguaxe e imaxes dos materiais de traballo que empregamos na aula e/ou no centro; e reflexionando sobre nós como docente modelo.
      
    • Módulo 3: Programando valores na FP: o currículum consciente. O obxectivo central destas semanas é idear e programar de forma consciente e reflexionada accións educativas vinculadas aos valores; creando entre todos/as un repositorio de ideas para aplicar tanto no centro e nos módulos.

Inscricións: en Fprofe ata o 8 de febreiro

Ficha do curso

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI