Esta actividade ofrece formación específica sobre o método científico e o deseño de experimentos para o profesorado de secundaria. Traballáranse as distintas fases dun traballo científico desde a toma de datos e o procesamento e presentación dos mesmos (estatística descritiva, elaboración de gráficos mediante follas de cálculo ata a discusión dos resultados e a presentación dos mesmos en forma de artigo científico e mediante o uso de novas tecnoloxías (blogues, aulas virtuais, etc).
O curso impártese en forma de obradoiro, dividido en catro sesións relativas ás distintas fases dun traballo científico. Os contidos están recollidos en fichas de actividades que permiten aos participantes avanzar nos contidos ao seu ritmo individual.
Os participantes recibirán antes do curso un kit de experimentación, no seu centro, co fotómetro FOTOMETRIX do grupo XuvenCiencia xunto co material básico necesario para realizar medidas sen necesidade dun laboratorio.
Sesión 1: 14 de abril (mércores), 18-20 h: Mercedes Novo e Wajih Al-Soufi
Introdución
Actividade 1 – Deseño do experimento
- Coñecemento previo, busca bibliográfica
- Hipótese previa
- Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática
- Plan de traballo, datos necesarios
Actividade 2 – Experimentación
- Montaxe experimental / equipamento
- A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades
Oradoiro: determinación da concentración dun colorante mediante coa axuda dun fotómetro
Sesión 2: 15 de abril (xoves), 18-20 h: Wajih Al-Soufi e Ana Paula Losada
Actividade 3 – Análise dos datos (Follas de cálculo)
- Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades
- Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración
- A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas
Sesión 3: 21 de abril (mércores), 18-20 h: Wajih Al-Soufi e Ana Paula Losada
Actividade 4 – Interpretación e discusión de resultados
- Interpretación dos resultados
- Confirmación ou rexeitamento da hipótese
- Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados
- Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións
Sesión 4: 22 de abril (xoves), 18-20 h: Marta López e Mercedes Novo
Actividade 5 – Memoria ou artigo científico, cartel para congresos
- O artigo científico
- A comunicación oral
- O póster ou cartel científico
Actividade 6 – Comunicación dos resultados mediante TIC
- Divulgación científica
- Bitácora persoal ou blogue
- Redes sociais
Inscrición en FProfe co código da actividade.