G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

Aula Nova oferta unha nova actividade de formación dentro da súa liña de traballo AulaNova Investiga, unha liña para impulsar a investigación docente para logo implementala nas aulas.
Xov, 18/02/2021 - 12:32
G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos
G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

A levitación  ultrasónica é un fenómeno físico non lineal relacionado coas ondas acústicas. Trátase dun método para suspender materia no aire contra a gravidade utilizando presión de radiación acústica de ondas de son de alta intensidade. Son esas ondas acústicas as que logran manter ao obxecto suspendido (pequenas partículas,  gotículas, ) no aire sen necesidade de contacto.

Nesta formación, dinámica e activa, ou docente dispoñerá dun kit individual de traballo que recibirá no seu centro e que formará parte da dotación STEM/ STEAM do mesmo unha vez superada a formación.

As súas características son:

1.Duración: 8 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 20.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 10, 13, 17 e 19 de abril

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Introdución e montaxe 1

  • Sesión 2: Montaxe 2 e actividades didácticas 1

  • Sesión 3: Outros levitadores e actividades didácticas 2

  • Sesión 4: Hologramas DIY

7. Docente: Impartido por Asier Marzo Pérez, profesor de Estatística, Informática e  Matemáticas,  Linguaxes e Sistemas Informáticos  na  Universidade Pública de Navarra. A investigación de Asier Marzo céntrase en utilizar o son e a luz para manipular a materia. Para esta tarefa a informática é unha ferramenta imprescindible. O seu traballo aparece en varios programas de televisión así como en numerosos blogues de tecnoloxía e ciencia ( xataka,  microsiervos, I  fucking  love  science). O obxectivo principal é facer a súa investigación, dispositivos e software accesibles de forma gratuíta para todos.

Requisitos da formación:

--Coñecementos en soldadura.

--Coñemecementos en programación co Arduino IDE.

 

Inscrición en FProfe co código da actividade.