Instrucións para unirse á videoconferencia
Enviado por portalcafi a Ven, 18/09/2020 - 14:17Summary:
Xúntase documento coas INSTRUCIÓNS PARA UNIRSE Á VIDEOCONFERENCIA.
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Xúntase documento coas INSTRUCIÓNS PARA UNIRSE Á VIDEOCONFERENCIA.
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Summary:
O persoal docente interesado deberá matricularse na actividade ofertada polo CAFI e enviaráselle información con todos os pasos a seguir. Deseguido, poderán matricularse na plataforma en rede de European Schoolnet Academy, seguir o desenvolvemento proposto, superar os 5 módulos que o integran e deseñar unha actividade para a Semana do Código.
O prazo final para completar todas as actividades remata o 30 de outubro de 2020, ás 23:59 CET. A participación no cuestionario contará un 5% na nota final e non é un requisito para recibir o certificado do curso. A actividade da Semana do Código da UE rexistrada, xunto coas revisións por pares, representará o 95% da nota final. A nota global de aprobación é do 95%.
Ao finalizar o MOOC recibirán un certificado validado pola Comisión Europea, emitido pola EUN e a Universidade de Urbino. Unha vez contrastada a superación do MOOC na devandita plataforma, emitirase dende o CAFI unha certificación oficial da administración galega, recoñeccendo 25 horas de formación.
Para ter máis información, consulte a ficha do curso adxunta ou en Fprofe.
File:
Summary:
Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21.
Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón.
Tema:
Áreas-CAFI:
Summary:
Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21.
Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón.
Summary:
Tal e como se adiantou na presentación do Plan de Formación do Profesorado 2020/2021, a Rede de Formación do Profesorado, en colaboración con docentes de distintos sectores educativos, deseñou unha acción formativa orientada á aprendizaxe de dinámicas e recursos específicos que faciliten o paso dun ensino presencial a un ensino semipresencial ou a distancia.
Con este obxectivo, neste primeiro trimestre ofértanse seis cursos na Rede (Platega) de 50 horas, adaptados ás características específicas dos diferentes sectores:
Ensino mixto para educación primaria (G2001038)
Ensino mixto para educación secundaria (G2001039)
Ensino mixto para educación das persoas adultas (G2001036)
Ensino mixto para formación profesional (G2001040)
Ensino mixto para persoal de atención á diversidade (G2001041)
A inscrición realizarase a través de Fprofe (con data límite do 15 de setembro), empregando o código correspondente (www.edu.xunta.gal/fprofe/).
Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021.
Áreas-CAFI:
Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021.
Summary:
EduHabilidades é un programa que pretende achegar as habilidades sociais, directivas e emocionais á comunidade educativa.
Presentaranse as quince habilidades que hoxe máis se teñen en conta á hora de avaliar as destrezas e competencias, tanto persoais como profesionais: motivación, creatividade, negociación, persuasión, comunicación, análise, estratexia, xestión do tempo, marca, atención plena, traballo en equipo, dirección, exposición, responsabilidade social e atención.
A cada unha dedicaráselle unha micropílula de dez minutos, unha guía con nocións básicas e un xogo interactivo.
Publicarase un recurso cada día, dende o 11 de maio ata o 10 de xullo e estarán dispoñibles, dentro da sección de formación aberta en Platega, no espazo EduHabilidades: Educar en habilidades e habilitar para o futuro, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=795
Para acceder á mesma lembramos que é preciso introducir o usuario e contrasinal da conta corporativa edu.xunta.gal
PHET Simulacións interactivas: portal da Universidade de Colorado que permite realizar diferentes simulacións interactivas en ciencias e matemáticas.
Website:
Áreas-CAFI: