Eduhabilidades: Educar en habilidades e habilitar para o futuro

Novo espazo na sección de formación aberta en Platega con recursos formativos centrados nas habilidades sociais
Lun, 11/05/2020 - 14:29
educar
educar

EduHabilidades é un programa que pretende achegar as habilidades sociais, directivas e emocionais á comunidade educativa.

Presentaranse as quince habilidades que hoxe máis se teñen en conta á hora de avaliar as destrezas e competencias, tanto persoais como profesionais: motivación, creatividade, negociación, persuasión, comunicación, análise, estratexia, xestión do tempo, marca, atención plena, traballo en equipo, dirección, exposición, responsabilidade social e atención.

A cada unha dedicaráselle unha micropílula de dez minutos, unha guía con nocións básicas e un xogo interactivo.

Publicarase un recurso cada día, dende o 11 de maio ata o 10 de xullo e estarán dispoñibles, dentro da sección de formación aberta en Platega, no espazo EduHabilidades: Educar en habilidades e habilitar para o futuro, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=795

Para acceder á mesma lembramos que é preciso introducir o usuario e contrasinal da conta corporativa edu.xunta.gal