Cursos de formación sobre ensino mixto
Tal e como se adiantou na presentación do Plan de Formación do Profesorado 2020/2021, a Rede de Formación do Profesorado, en colaboración con docentes de distintos sectores educativos, deseñou unha acción formativa orientada á aprendizaxe de dinámicas e recursos específicos que faciliten o paso dun ensino presencial a un ensino semipresencial ou a distancia.
Con este obxectivo, neste primeiro trimestre ofértanse seis cursos na Rede (Platega) de 50 horas, adaptados ás características específicas dos diferentes sectores:
-
Ensino mixto para educación primaria (G2001038)
-
Ensino mixto para educación secundaria (G2001039)
-
Ensino mixto para educación das persoas adultas (G2001036)
-
Ensino mixto para formación profesional (G2001040)
-
Ensino mixto para persoal de atención á diversidade (G2001041)
A inscrición realizarase a través de Fprofe (con data límite do 15 de setembro), empregando o código correspondente (www.edu.xunta.gal/fprofe/).