Skip to Content

Lingua galega e literatura

DESCUBRINDO A JOSE GIL

Descubrindo a José Gil

 

Así enterámonos, entre otras moitas cousas, de que José Gil naceu en Rubiós (As Neves) en 1870 e morreu en Vigo no ano 1937. Foi un rapaz de aldea que a finais do século XIX, sen saír de Galicia, destacou como fotógrafo, director, operador de cámara, realizador, productor e exhibidor de cine. Realizou a primeira ficción do cinema galego: Miss Leyda (1916), con Castelao no reparto de actores, e percorreu Galicia proxectando películas e documentais nun camión artellado por él: O CINEMÓBIL reclame nº2.

O alumnado escoitou con moita atención e sorprendeuse coa proxección de varias películas de Charlot e Harold Lloyd, coetáneos do noso cineasta. Ademáis visionou unha película de 5 minutos realizada con secuencias obtidas de varios filmes de José Gil, os cales foron atopados tras moitos anos de investigación.

Álbum: Actividades -> José Gil, pioneiro do cine galego

NOVAS DE NOVEMBRO, SXPL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Secretaría Xeral de Ordenación e Innovación Educativa acaban de publicar a convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!, destinados a alumnado dende segundo ciclo de infantil a sexto de primaria dos centros públicos, para o curso 2023/ 2024. O prazo de inscrición remata o 1 de febreiro de 2024. Tedes as bases no Portal da lingua galega: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2210/convocatoria-dos-premios-curtas-animacion-galego-nos-tamen-creamos.

Ademais, podedes participar no VI Certame de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", convocado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa axuda da SXPL e outras entidades. Está dirixido a estudantes de 10 a 18 anos de quinto e sexto de primaria, de secundaria e doutros niveis de ensino non universitario. Así mesmo, poderán concorrer os centros que imparten ensinanzas de réxime xeral de fóra de Galicia e os públicos do Norte de Portugal. A solicitude débese formalizar antes do 21 de decembro en: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org. Os datos están aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0177/certame-podcasts-galego-xose-mosquera-perez-vello-dos-contos.

Por outra banda, o venres 24 de novembro desenvolverase no Consello da Cultura Galega (CCG) a XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Escolas Católicas co apoio da SXPL para docentes de centros públicos, concertados e privados. Entre as persoas relatoras figuran a profesora Teresa Pastor e o escritor Fuco Paz, que farán unha primeira achega á vida e á obra de Luísa Villalta, a autora a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2024. Atoparedes o programa e o formulario para vos inscribirdes en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2217/xix-xornada-normalizacion-linguistica.

Por último, tamén vos informamos de que, con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, o CCG presenta unha programación especial no seu espazo Proxector. O profesorado interesado xa ten á súa disposición novos audiovisuais en galego e en inglés con subtítulos, nos que persoas expertas explican curiosidades científicas relacionadas coa saúde (que bacterias son boas e malas, como se fan resistentes aos antibióticos etc.). Podedes acceder aos vídeos dende: http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10437.

 

CONCURSO LITERARIO VIAQUA

Logo

 X Edición do Certame Literario

“Relatos de Auga Intelixente”

 

Dende Viaqua un ano máis abrimos o prazo para participar na X Edición do Certame Literario “Relatos de Auga Intelixente” para todo o alumnado de ESO, Bacharelato e FP.

Este ano a temática é: "Un día sen auga: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio".

Descarga aquí as bases
 
Logo

Copyright (C) 2023 VIAQUA. Todos los derechos reservados.

Nuestra dirección de correo es:
VIAQUA 7 Rúa de Domingo Garcia-Sabell Santiago de Compostela, GA 15705 Spain

 

DOCUMENTAL SOBRE A AUGA, ASOCIACIÓN O CHEDEIRO DE VECIÑOS DE CERPONZÓNS, EXEMPLO DE ACTIVISMO VECIÑAL

 

Con motivo do 50 aniversario da creación de varias traídas de augas na parroquia de Cerponzóns, desde a Asociación de Veciños O Chedeiro, quixeron homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas que construíron ditas traídas o longo dos anos, un exemplo de autoxestión que realizaron algunhas delas xa polos inicios dos anos 70 do pasado século.

 

Por aqueles anos comezaron a organizarse en multitude de parroquias de Galicia, asociacións de diversa índole, eran tempos de cambios e dun novo rexurdir do movemento veciñal, o traballo e a importancia que tiveron as comunidades de usuarios de augas de traída, non ten prezo.

 

Cerponzóns foi unha de tantas parroquias onde a veciñanza comezou a organizarse para poder mellorar a súa calidade de vida, as carencias eran moitísimas, é eles, como puideron, investindo dos seus poucos aforros, lograron entre unhas cantas comunidades distribuídas por varios lugares da parroquia, levar a auga dos mananciais ás súas casas. Ata ese entón a veciñanza servíase diariamente de ir buscar a auga ás fontes, de mananciais particulares ou daqueles que podían economicamente ter un pozo na súa casa.

 

Así que se puxeron ao choio e organizándose pola súa conta, comezaron a buscar as captacións e foron levando as súas augas para depósitos, os cales desde eles, despregáronse redes de abastecemento para chegar a aquelas casas que se sumaron ao sistema que se ía a implantar de autoxestión e así poder ter un servizo de auga que evitase o esforzado traballo de ter que estar día si e día tamén en ir buscar auga á fonte.

 

É por iso que desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, quixeron pór en valor a toda esta xente que traballou arreo realizando durante meses, mesmo anos, éste importante feito. Non pode caer no esquecemento esa gran labor realizada por homes e mulleres que se organizaron en cuadrillas para a realización dos traballos que levaron durante moitos sábados e domingos.

 

A través dun documental, realizado por Fernando Portela e dirixido por Juan José Esperón, foron recollendo dos veciños e veciñas os recordos e anécdotas do labor desenvolvido naqueles momentos.

 

Este documental é un claro exemplo de conciencia ambiental, fomento da sustentabilidade, promover o uso responsable, entender que a auga é un ben común etc., e todo moi preto. 

 

 

ligazón ao documental 

https://youtu.be/nexEZjJOi6M?feature=shared

 

Enviado desde mi iPad

A NOSA MEMORIA É DIVERSA

 

                                  Pinto e Maragota | Pontevedra

 

A nosa primeira iniciativa para este curso vai ser a charla de Daniela Fernández, A NOSA MEMORIA É DIVERSA. Nesta charla, Daniela vainos achegar a nosa historiano eido do activismo lgtbi. A importancia da visibilización mediante o coñecemento é fundamental para progresarmos como sociedade.

A defunción dos sexos - Daniela Ferrández Pérez, Danielaferrandez Perez ·  5% de descuento | FnacPinto e Maragota forma a estudantes pontevedreses sobre a historia da  disidencia sexual en Galicia - Pontevedra Viva

Velaquí vos deixamos unha ligazón dunha entrevista que lle fixeron na Voz de Galicia para que a vaiades coñcecendo os que non tivestes a oportunidade de escoitala o pasado curso.

                                      A memoria LGTBI en Galicia. Os espazos que vertebraron e vertebran a  disidencia sexual - Vinte

NOVOS CURSO E NOVOS RECURSOS NA NOSA LINGUA DA MEMORIA DAS MULLERES

             

BENVIDOS AO UN NOVO CURSO CAMIÑANDO DA MAN DA LINGUA E DA IGUALDADE!

                                            Benvidos ao novo curso 2023-24 | CEIP Plurilingüe Montemogos

E que mellor maneira de comezar o curso con novos recursos e propostas!!!!

 

A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que pretende dar a coñecer e dar voz ás mulleres do municipio. Acaban de crear unha serie de recursos lúdicos ao redor do proxecto para traballar nas aulas.

Trátase de catro xogos interactivos realizados coa ferramenta genial.ly, pensados para a mocidade de Pontevedra, todos eles centrados na historia e na memoria das mulleres pontevedresas:

                                                           

  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes tema.

                                                             

 

Deixo aquí a ligazón a todos os recursos dispoñibles na web dogrisaovioleta.gal

Tlf. 694 401 505

COMEZAMOS UN NOVO CURSO LILA! 23-24

Avances del Feminismo en la actualidad y derechos que nos quedan por  conseguir

Historia del activismo homosexual en Andalucía Cuando ser y amar eran  delitos

ROTEIRO MEMORIA DE ELEFANTA CON MARÍA XESÚS ESCUDEIRO

Roteiro "Memoria de elefanta"

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e 4º ESO D realizaron o luns 6 e o martes 7 un roteiro relacionado coa memoria histórica ao frente do cal estivo Mª Xesús López Escudeiro.

Durante o paseo, situou aos rapaces e rapazas no contexto histórico: informou sobre o golpe de estado de 1936 e sobre a represión posterior na cidade de Pontevedra e nas parroquias de Lérez, Mourente e Salcedo. Xuntos, localizaron espazos e feitos, mentres Mª Xesús López Escudeiro falaba de represaliados pontevedreses como Alexandre Bóveda ou varias mulleres, entre elas Josefina Arruty, mulleres que sufriron rapas de cabeza e violacións, entre outros terribles agravios.

Pola súa parte, o alumnado leu textos escritos polos represaliados, coma por exemplo, a carta da despedida de Bóveda á súa muller.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Roteiro "Memoria de elefanta"

PODCAST MEMORIA HISTÓRICA RADIO GALEGA, CON EVA MEJUTO

Podcast para a Radio Galega

Alumnos pertencentes ao club de lectura mixto de 4º ESO e 2º de bacharelato, ademais de alumnado representante do proxecto "Na súa memoria, na nosa memoria" (gañador do 1º Premio Ernestina Otero de Igualdade), grabaron na tarde deste mércores 8 de febreiro, un podcast para o espazo Entreliñas do Diario Cultural da Radio Galega.

Os mozos e mozas falaron de libros que leron relacionados co tema da memoria histórica: A nena lectora de Rivas e Suniaga, As malas mulleres de Marilar Alexandre e  A lavandeira de San Simón de Mejuto e Gregores.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Podcast para a Radio Galega

Mis Docet. Asistencia ao teatro. Comité de Igualdade e EDLG

Teatro "Miss Docet"

O alumnado dos clubs de lectura do centro puido gozar de Miss Docet, obra teatral con texto de María Reimóndez e dirección de Vanessa Sotelo.

Este novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.

Como desfile de voces, ecos e silencios, (Miss Docet) recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Teatro "Miss Docet"
Distribuir contido


by Dr. Radut