A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Secretaría Xeral de Ordenación e Innovación Educativa acaban de publicar a convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!, destinados a alumnado dende segundo ciclo de infantil a sexto de primaria dos centros públicos, para o curso 2023/ 2024. O prazo de inscrición remata o 1 de febreiro de 2024. Tedes as bases no Portal da lingua galega: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2210/convocatoria-dos-premios-curtas-animacion-galego-nos-tamen-creamos.
Ademais, podedes participar no VI Certame de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", convocado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa axuda da SXPL e outras entidades. Está dirixido a estudantes de 10 a 18 anos de quinto e sexto de primaria, de secundaria e doutros niveis de ensino non universitario. Así mesmo, poderán concorrer os centros que imparten ensinanzas de réxime xeral de fóra de Galicia e os públicos do Norte de Portugal. A solicitude débese formalizar antes do 21 de decembro en: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org. Os datos están aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0177/certame-podcasts-galego-xose-mosquera-perez-vello-dos-contos.
Por outra banda, o venres 24 de novembro desenvolverase no Consello da Cultura Galega (CCG) a XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Escolas Católicas co apoio da SXPL para docentes de centros públicos, concertados e privados. Entre as persoas relatoras figuran a profesora Teresa Pastor e o escritor Fuco Paz, que farán unha primeira achega á vida e á obra de Luísa Villalta, a autora a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2024. Atoparedes o programa e o formulario para vos inscribirdes en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2217/xix-xornada-normalizacion-linguistica.
Por último, tamén vos informamos de que, con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, o CCG presenta unha programación especial no seu espazo Proxector. O profesorado interesado xa ten á súa disposición novos audiovisuais en galego e en inglés con subtítulos, nos que persoas expertas explican curiosidades científicas relacionadas coa saúde (que bacterias son boas e malas, como se fan resistentes aos antibióticos etc.). Podedes acceder aos vídeos dende: http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10437.