Skip to Content

DOCUMENTAL SOBRE A AUGA, ASOCIACIÓN O CHEDEIRO DE VECIÑOS DE CERPONZÓNS, EXEMPLO DE ACTIVISMO VECIÑAL

 

Con motivo do 50 aniversario da creación de varias traídas de augas na parroquia de Cerponzóns, desde a Asociación de Veciños O Chedeiro, quixeron homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas que construíron ditas traídas o longo dos anos, un exemplo de autoxestión que realizaron algunhas delas xa polos inicios dos anos 70 do pasado século.

 

Por aqueles anos comezaron a organizarse en multitude de parroquias de Galicia, asociacións de diversa índole, eran tempos de cambios e dun novo rexurdir do movemento veciñal, o traballo e a importancia que tiveron as comunidades de usuarios de augas de traída, non ten prezo.

 

Cerponzóns foi unha de tantas parroquias onde a veciñanza comezou a organizarse para poder mellorar a súa calidade de vida, as carencias eran moitísimas, é eles, como puideron, investindo dos seus poucos aforros, lograron entre unhas cantas comunidades distribuídas por varios lugares da parroquia, levar a auga dos mananciais ás súas casas. Ata ese entón a veciñanza servíase diariamente de ir buscar a auga ás fontes, de mananciais particulares ou daqueles que podían economicamente ter un pozo na súa casa.

 

Así que se puxeron ao choio e organizándose pola súa conta, comezaron a buscar as captacións e foron levando as súas augas para depósitos, os cales desde eles, despregáronse redes de abastecemento para chegar a aquelas casas que se sumaron ao sistema que se ía a implantar de autoxestión e así poder ter un servizo de auga que evitase o esforzado traballo de ter que estar día si e día tamén en ir buscar auga á fonte.

 

É por iso que desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, quixeron pór en valor a toda esta xente que traballou arreo realizando durante meses, mesmo anos, éste importante feito. Non pode caer no esquecemento esa gran labor realizada por homes e mulleres que se organizaron en cuadrillas para a realización dos traballos que levaron durante moitos sábados e domingos.

 

A través dun documental, realizado por Fernando Portela e dirixido por Juan José Esperón, foron recollendo dos veciños e veciñas os recordos e anécdotas do labor desenvolvido naqueles momentos.

 

Este documental é un claro exemplo de conciencia ambiental, fomento da sustentabilidade, promover o uso responsable, entender que a auga é un ben común etc., e todo moi preto. 

 

 

ligazón ao documental 

https://youtu.be/nexEZjJOi6M?feature=shared

 

Enviado desde mi iPad


page | by Dr. Radut