CONCURSO ARRITMAR
A EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar PLAY ARI[T]MAR, unha aplicación web que reúne músicas e poemas galegos e portugueses que
foron galardoados ou finalistaS nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en Forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_826.html.
- QUE GARDA O TEU CHINEIRO?, un caderno de xogos, obradoiros e brincadeiras para alumnado de infantil e
primaria. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_841/que-garda-teu-chineiro-antaxurada.
- ATLAS DE EUROPA, unha ferramenta útil para o ensino e aprendizaxe da xeografía europea nas aulas de 6º de primaria, ESO e
bacharelato. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_830/atlas-europa-andavira-editora.
- PRESENTACIóN DO PROFESOR DíAZ-FIERROS "FRANCISCO FERNáNDEZ DEL RIEGO. CAMIñO (BEN)ANDADO", unha síntese do relatorio impartido na XVIII Xornada de Normalización Lingüística organizada por Ferega sobre a figura do autor ao que a Real Academia Galega lle dedicará o Día das
Letras Galegas do 2023. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1906/fernandez-del-riego-1913-2010-camino-benandado.
- Por outra banda, a Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da SXPL, convoca o PREMIO ANUAL OTERO PEDRAYO PARA ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO, co fin de contribuír ao coñecemento e perpetuar o legado
do escritor ourensán. O prazo límite de envío dos traballos, escritos ou audiovisuais, das dúas categorías (individual e de grupo) será o 20 DE FEBREIRO. Tedes as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0162/premio-anual-otero-pedrayo-para-estudantes-eso-bacharelato.
- para rematar, se desexades, podedes votar na campaña da Real
Academia Galega e da Fundación Barrié A PALABRA DO ANO 2022, ata o 11
DE DECEMBRO, desde
aquí: https://academia.gal/-/palabra-do-ano-2022-fase-1.
O talento e imaxinación non teñen límites e por iso, un ano máis o concurso con máis historia e máis historias, volve. Esta vez, profes, querémosvos acompañar no voso camiño como aliados para os vosos alumnos nunha viaxe en clave de inspiración, creatividade e colaboración.
Temos moitas novidades que contarvos e, aínda que nos próximos días poderedes coñecer todos os detalles desta nova edición na web de Fundación Coca-Cola, gustaríanos avanzarvos que o Programa de Aulas Dixitais celebrará a súa primeira edición híbrida, que consistirá nun encontro presencial e dixital que incluirá novos bloques formativos que vos brinden diferentes recursos que sexan do voso interese na aula.
Accede á web do concurso
- A COVA OS LIBROS FANTÁSTICOS NO PAZO DA CULTURA:
Como moitas de vós xa sabedes, o Concello de Pontevedra acaba de abrir un novo espazo para as familias: A Cova dos Libros Fantásticos.
A Cova ofrece máis de 3.000 títulos de literatura infantil e xuvenil e está na sala de obradoiros do Pazo da Cultura, no andar baixo. Abre os luns e os xoves de 17 a 20 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 horas. A entrada é de balde pero será preciso facerse socio ou socia para poder levar libros emprestados para casa e para coñecer a programación e as novidades que vai a ir ofertando ese espazo. Abrirá todo o Nadal, agás na primeira semana de xaneiro.
Ademais, a partir de agora A Cova dos Libros Fantásticos será tamén un espazo de encontro e actividades para o programa Apego en Pontevedra. (Xa vistes no programa deste outono que as actividades de interior son alí). Esperamos compartir con vós moitas horas de aprendizaxe e lecer desde o apego pola nosa lingua.