Skip to Content

AS NOSAS ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

 

17 de novembro: convite para a asistencia ao premio Ernestina Otero do Concello de Pontevedra

Ernestina Elena Otero Sestelo | Álbum de mulleres | culturagalega.org

 

 

21 de novembro conferencias (horario de tarde, unha en cada sesión):

A NOSA MEMORIA É DIVERSA, impartida pola doutora en Historia e activista LGBTIQA+ Daniela Ferrández, autora da obra “A defunción dos sexos. Historia da disidencia sexual na Galiza Contemporánea”, editado recentemente por Xerais.

 

Duración da actividade: 50 minutos

Cursos recomendados: 4º ESO e, preferiblemente, 1º e/ou 2º Bach.

 

Trátase unha actividade didáctica ao redor da historia da disidencia sexual en Galicia. Consistiría na utilización dun proxector ligado a un ordenador con internet. Nesa pantalla visitaríanse a través de google maps lugares de Galicia e do Estado español asociados a acontecementos da historia da disidencia sexual, algo que se acompañará doutros recursos visuais como fotografías e videos. A poñente describirá eses acontecementos e axudará a mellorar a comprensión sobre a diversidade sexual, a súa historia e a súa situación no pasado e no presente, así como a idea de que tamén participou nestes procesos, que tradicionalmente temos identificados con lugares como Nova York (a Revolta de Stonewall), Madrid ou Barcelona.

 

23 de novembro, imos ao teatro a ver Cariño

 

 

 

25 de novembro, Día contra a violencia de xénero:

* Performance mulleres asasinadas en 2022 (8:50 a 9:10)

* Andaina violeta (11:30 a 13:00)

RECREO E 4ª HORA: ANDAINA VIOLETA  COS COMITÉS DE IGUALDADE DA XUNQUEIRA E DO IES FREI MARTÍN SARMIENTO (POR CONFIRMAR)

A Vida é Movernos e Asampo volven unir forzas nunha Andaina Violeta contra  a violencia machista | Concello de Pontevedra

 



page | by Dr. Radut