Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea, ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.
Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio. Eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos mociños e mociñas de 4º na súa antiga escola.
Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Actividades -> Lectura de contos de terror en Campolongo