Articles
Escolares - Sub Categories
Actividades feitas no centro
Textos publicitarios
Trabajo publicitario realizado por el alumnado de 2º de ESO en la materia de Lengua Castellana.
Los anuncios incluyen un vídeo musical en un código QR que hace referencia al tema trabajado.
Saída didáctica ao Museo Picasso, da Coruña
Enviado por Anónimo o Xov, 25/05/2023 - 13:18Polos Creativos. Actividades de 2º A de ESO
Enviado por Anónimo o Xov, 25/05/2023 - 12:55
O alumnado de 2°ESO-A comeza a súa andaina na Aula de Polos Creativos deseñando nos seus ordenadores e-dixgal unhas pezas na plataforma TINKERCAD, para imprimilas a continuación na impresora 3D.
"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 15
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis (e van 15!), a súa revista de banda deseñada, Ban-De, que ten como eixe temático o Parque enciclopédico do Pasatempo.
(Podedes acceder á revista picando no enlace)
Navega con Rumbo
Os grupos de E1A e 1ED reciben un obradoiro do Plan "Navega con Rumbo". O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos.
VISITA Á FÁBRICA DA EMPRESA TEJAS VEREA, S.A.
Organizado polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto visitamos o 8 de maio a empresa “Tejas Verea, S.A” que se dedica á fabricación de diversos tipos de tellas localizada en Lanzá (Mesía). Guiados por unha técnica e un técnico visitamos en primeiro lugar a zona de aprovisionamento de material: moenda e mestura de arxilas, xunto coa zona de maduración.
Despois fomos visitar a liña 1 onde se fabrican tellas planas de diversas formas vendo o amasado, extrusionado, secado e cocido dos produtos. Todo o proceso é controlado automaticamente polo sistema industrial SCADA, e incluso puidemos observar a posta a punto dun sistema de control de calidade das tellas planas que funciona por son. Visita moi interesante para ver as aplicacións dos sistemas automáticos de control na industria.
Concerto no Centro Ágora
Os grupos de 3º de ESO acoden a un concerto no Centro Ágora.
Festival das Letras Galegas
Con motivo do Día das Letras, o día previo organizamos un festival de música, canto e baile de tradición galega, para a etapa da ESO, na última hora da mañá e da tarde.
Andainas pola contorna de Betanzos - 1º de ESO
Enviado por Anónimo o Mér, 10/05/2023 - 10:07Piragüismo no Mandeo - 2º e 4º de ESO
Os grupos de 2º e 4º de ESO practican piragüismo no Mandeo. Hoxe é a quenda de 2ºA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »