Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Blogues activos

Noticias da historia

El oso de las cañerías

Tics Aguiar

Blogue dos alumnos de 2º de Bacharelato. BLOG DE PRENSA ESCUELA DE LOS ALUMNOS Y ALUMNAS DE 1º DE ESO Blogue dos alumnos de Tics de 1º de Bacharelato

Larpeirando palabras

                      El pupitre rojo
 
larpeirando palabras    

Blogue colaborativo de 1º da ESO

temática poesía galega.

Blogue de lingua castelá dos alumnos de 1º e 2º de ESO  

HORA DE LER

16/06/2024 16:42
Europe/Andorra
Hora de ler?
Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias, mesmo no cheiro a cloro da auga das piscinas. 
Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.

HORA DE LER

09/06/2024 19:26
Europe/Andorra

O sol do mes de xuño anuncia o comezo do fin do curso. 

Nós seguimos a ler, mesmo sen medo a saír voando!

Aí quedan un relato de Amaia Tomé e un conto de Emilia Pardo Bazán que agradarán a moitos lectores.

HORA DE LER

02/06/2024 12:57
Europe/Andorra

 

 

 

Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das propostas para esta semana: Benjamín Prado e Berta Dávila.

HORA DE LER

05/05/2024 17:17
Europe/Andorra

As pernas da nai como o mellor atril onde pousar o libro que queremos ler...

Entre as suxestións de lectura para esta semana uns poemas de Paul Auster, e os relatos de Lucia Berlin e Luisa Castro.

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS

01/05/2024 16:20
Europe/Andorra

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS 

A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.

Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023)  / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.

Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.

Non hai en A parte fácil personaxes planos.  

As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.  

Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo, ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai.  O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.

O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras á nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre». 

A algúns xa lles ten mordido. 

A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.

E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.

 

Francisco Rodríguez Coloma [Texto]

&

Ana Tomé [Fotografías]

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS

26/04/2024 07:02
Europe/Andorra





O próximo luns 29 de abril, ás 19 horas, Ismael Ramos visitará a Biblioteca do IES Francisco Aguiar para conversar sobre A parte fácil / La parte fácil
 

HORA DE LER #DÍA DO LIBRO

21/04/2024 14:25
Europe/Andorra
Nesta semana na que celebramos o Día do Libro, compartimos unhas cervantinas suxestións de lectura: unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.

 

HORA DE LER

14/04/2024 16:49
Europe/Andorra

 

Chuvia e sol...

Agroman nas nosas mans outras flores: os relatos de Carlos Mosteiro e O. Henry.

HORA DE LER

01/04/2024 18:30
Europe/Andorra

 

 

 

 

Tras este reparador paréntese vacacional, retornamos ás boas prácticas. 

Entre as suxestións de lectura, poemas de Israel Ramos, e relatos de Charo Pita, Emilio Gavilanes e Lucia Berlin.

Distribuir contido