Proxecto Ríos

Proxecto Ríos 2023-2024

 Novamente durante o curso 2023/ 2024 o centro participou no programa Proxecto ríos. sí durante o curso realizamos diversas tarefas para a sensibilización do alumnado do centro sobre a importancia da conservación dos nosos cursos fluviais.

 - Medición dos parámetros fisicoquímicos, hidromorfolóxicos e ecolóxicos do Rego de Caraña: O rego de Caraña (ou dos Pelamios) é o curso fluvial do que o noso centro realiza a custodia. para isto fisemos a recollida de datos dos parámetros do río durante o outono e primavera. a pesar de ser un curso fluvial altamente humanizado podemos concluir que as augas presentan uns bos valores, en especial nesta primavera polas abundantes chuvias. Destacar na valoración de especies como aspecto negativo a ampla presenza de plantas invasoras, e como positivo a detección da presenza de anguías (Anguilla anguilla) en ambas inspeccións.

 

O regato de Caraña presenta algúns aspectos negativos como plantas alóctonas invasoras como a vara se San Xosé (Crocosmia crocosmiiflora) Pola contra tamén atopamos especies de gran interese como a anguía (Anguilla anguilla)
Alumnado medindo un tramo do río para facer o cálculo da velocidade do caudal Alumnas do IES no tramo do río a estudo
 
Parte das análises dos parámetros analizados durante a inspección  


 

- Saída co clube da ciencia ao Río Lambre no entorno da Central hidroeléctrica de Goimil: para ver o contraste dun río cercano cunha mellor conservación do ecosistema natural, así como o aproveitamento eléctrico dunha minicentral.

 

 

 



Alumnado na minicentral de Goimil Camiñando polas ribeiras do Río Lambre

 

- Roteiro con 4º ESO polo Río lambre ata a súa desembocadura para avaliar a paisaxe. Máis información no seguinte enlace

 


 

 

- Participación co alumnado de Xeoloxía e Ciencias ambientais de 2º de Bacharelato na  X semana de la custodia del territorio en as Mariñas na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma. Desde esta actividade promóvese a concienciación sobre o problema dos residuos, a importancia da reciclaxe e valoración do forte impacto dos pásticos nos ecosistemas acuáticos. Máis información no seguinte enlace

- Estudos de impactos ambientais na comarca: o alumnado de 4º de ESO durante o primeiro trimestre de curso realizou un estudo de campo sobre impactos ambientais na zonal. Dentro do estudo destes impactos se analizaron diversos impactos nos ecosistemas fluviais da zona; contaminación por plásticos, verquidos, analizando as causas, consecuencias e posibilidade de corrección. Máis información no eguinte enlace

 

No seguinte enlace pode accederse á páxina do Proxecto Ríos cos datos do xeovisor, onde están localizados os ríos que participan no proxecto e os datos recollidos nos últimos anos http://visorgis.cmati.xunta.es/rios/

Eco-regata na ría de Betanzos

16/09/2023
Etc/GMT+1

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

 

Distribuir contido