Bioloxía e Xeoloxía

Radio Ciencia na nube

 O alumnado de Cultura científica de 1º de Bacharelato iniciou  este ano o noso programa de radio de divulgación científica: ¨Ciencia na nube¨. A continuación tedes os tres primeiros programas de radio que esperamos que sexan dunha longa serie que se continúe nos vindeiros cursos.

No primeiro episodio Aaron, Alonso, Marcos e Murilo achégannos aos misterios do enigmático Universo facendo un repaso das películas de cienciaficción que se recrean nos seus misterios. Enlace ao podcast

 
No segundo capítulo Héctor, Javier, Lucas, Marcos e Santiago fan unha reflexión científica sobre as fobias. Enlace ao podcast

 
Por último no terceiro episodio Celia, Cristina, Héctor, Lúa e Nadia axúdannos a diferenciar a ciencia da pseudo ciencia.  Enlace ao podcast

 

 

Na aplicación iivox podedes atopar estes e outros episodios do programa:

 

Proxecto Ríos 2023-2024

 Novamente durante o curso 2023/ 2024 o centro participou no programa Proxecto ríos. sí durante o curso realizamos diversas tarefas para a sensibilización do alumnado do centro sobre a importancia da conservación dos nosos cursos fluviais.

 - Medición dos parámetros fisicoquímicos, hidromorfolóxicos e ecolóxicos do Rego de Caraña: O rego de Caraña (ou dos Pelamios) é o curso fluvial do que o noso centro realiza a custodia. para isto fisemos a recollida de datos dos parámetros do río durante o outono e primavera. a pesar de ser un curso fluvial altamente humanizado podemos concluir que as augas presentan uns bos valores, en especial nesta primavera polas abundantes chuvias. Destacar na valoración de especies como aspecto negativo a ampla presenza de plantas invasoras, e como positivo a detección da presenza de anguías (Anguilla anguilla) en ambas inspeccións.

 

O regato de Caraña presenta algúns aspectos negativos como plantas alóctonas invasoras como a vara se San Xosé (Crocosmia crocosmiiflora) Pola contra tamén atopamos especies de gran interese como a anguía (Anguilla anguilla)
Alumnado medindo un tramo do río para facer o cálculo da velocidade do caudal Alumnas do IES no tramo do río a estudo
 
Parte das análises dos parámetros analizados durante a inspección  


 

- Saída co clube da ciencia ao Río Lambre no entorno da Central hidroeléctrica de Goimil: para ver o contraste dun río cercano cunha mellor conservación do ecosistema natural, así como o aproveitamento eléctrico dunha minicentral.

 

 

 



Alumnado na minicentral de Goimil Camiñando polas ribeiras do Río Lambre

 

- Roteiro con 4º ESO polo Río lambre ata a súa desembocadura para avaliar a paisaxe. Máis información no seguinte enlace

 


 

 

- Participación co alumnado de Xeoloxía e Ciencias ambientais de 2º de Bacharelato na  X semana de la custodia del territorio en as Mariñas na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma. Desde esta actividade promóvese a concienciación sobre o problema dos residuos, a importancia da reciclaxe e valoración do forte impacto dos pásticos nos ecosistemas acuáticos. Máis información no seguinte enlace

- Estudos de impactos ambientais na comarca: o alumnado de 4º de ESO durante o primeiro trimestre de curso realizou un estudo de campo sobre impactos ambientais na zonal. Dentro do estudo destes impactos se analizaron diversos impactos nos ecosistemas fluviais da zona; contaminación por plásticos, verquidos, analizando as causas, consecuencias e posibilidade de corrección. Máis información no eguinte enlace

 

No seguinte enlace pode accederse á páxina do Proxecto Ríos cos datos do xeovisor, onde están localizados os ríos que participan no proxecto e os datos recollidos nos últimos anos http://visorgis.cmati.xunta.es/rios/

Traballos avaliación paisaxe: Ruta Betanzos - Rio Lambre - Ponte do Porco

28/05/2024
Etc/GMT+2

O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer  unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas:  unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar  da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.

No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe

TRABALLOS IMPACTOS AMBIENTAIS 4º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e xeoloxía realizou durante o presente curso un traballo de investigación sobre impactos ambientais na comarca.

 

Estes traballos realizados baixo a metodoloxía dun artigo científico consistían na detección, tipificación, xeolocalización e investigación das causas de dito impacto, así como facer unha proposta de solucións para o problema. Ademais seguindo a metodoloxía científica as súas achegas debían estar apoiadas pola bibliografía, así como contrastando a información con situacións similares recollidas en noticias buscadas na rede. Entre os principais problemas detectados polo alumnado caben destacar o impacto sobre o medioambiente de especies alóctonas invasivas e contaminación por plásticos. A continuación achegamos o índice e os correspondentes traballos.

 

Para os traballos o alumnado fixo un dosier fotográfico dos principais impactos. acompañamos aqui algunhas das fotos máis destacadas así como un ficheiro coa recompilación dos traballos.

 

 

 

 

 

 

 

Esperemos que a realización desta tarefa e a súa recompilación serva para que a nosa comunidade sexa consciente destes impactos e poña as mediadas tanto persoais como sociais para diminuír as agresións que sofre na actualidade o noso planeta.

 

 

 

David Casado Bravo

 

Profesor 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía. IES Francisco Aguiar Betanzos

 

 

Manzaneda - 2023

Éxito da Estadía en Manzaneda de 85 alumn@s de 1º da ESO, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, coa colaboración de profesorado do Departamento de Educación Física. Durante os tres días, puideron gozar de actividades coma parque multiaventura, tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

Manzaneda 2023

 Podedes ver máis fotos no Instagram do IES!

 

Estadía en Manzaneda

25/10/2023
27/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

Visita á cova do Rei Cintolo

17/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.

Eco-regata na ría de Betanzos

16/09/2023
Etc/GMT+1

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

 

Distribuir contido