4º ESO

Traballos avaliación paisaxe: Ruta Betanzos - Rio Lambre - Ponte do Porco

28/05/2024
Etc/GMT+2

O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer  unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas:  unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar  da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.

No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe

TRABALLOS IMPACTOS AMBIENTAIS 4º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e xeoloxía realizou durante o presente curso un traballo de investigación sobre impactos ambientais na comarca.

 

Estes traballos realizados baixo a metodoloxía dun artigo científico consistían na detección, tipificación, xeolocalización e investigación das causas de dito impacto, así como facer unha proposta de solucións para o problema. Ademais seguindo a metodoloxía científica as súas achegas debían estar apoiadas pola bibliografía, así como contrastando a información con situacións similares recollidas en noticias buscadas na rede. Entre os principais problemas detectados polo alumnado caben destacar o impacto sobre o medioambiente de especies alóctonas invasivas e contaminación por plásticos. A continuación achegamos o índice e os correspondentes traballos.

 

Para os traballos o alumnado fixo un dosier fotográfico dos principais impactos. acompañamos aqui algunhas das fotos máis destacadas así como un ficheiro coa recompilación dos traballos.

 

 

 

 

 

 

 

Esperemos que a realización desta tarefa e a súa recompilación serva para que a nosa comunidade sexa consciente destes impactos e poña as mediadas tanto persoais como sociais para diminuír as agresións que sofre na actualidade o noso planeta.

 

 

 

David Casado Bravo

 

Profesor 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía. IES Francisco Aguiar Betanzos

 

 

Programa EduMob de intercambio con Francia

30/05/2024
Etc/GMT+1

A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.

 

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.

As datas previstas son as seguintes:

  • Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
  • Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024

 

DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).

PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)

DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)

DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15

 

Resolución

Anexos

Piragüismo E4C

14/05/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO4 no Mandeo

Charlas Nutrición

08/05/2024
Etc/GMT+1

Interesantes charlas sobre nutrición a cargo de Saúl Sánchez para o alumnado de 4º da ESO, que estiveron moi atentos e consultaron dúbidas alimenticias.

Talía Teatro na sala Xulio Cuns

21/02/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO4 acode a ver unha obra de Talía Teatro na sala Xulio Cuns. Está é unha actividade organizada polo servizo de normalización lingüística do concello de Betanzos.

Colaboración co CEIP Vales Villamarín: CURTAS MUSICADAS

21/11/2023
Etc/GMT+1

Hoxe será a primeira de 5 sesións nas que o alumnado de Música de 4º da ESO de Alba Alonso acollerá a diferentes clases de infantil do CEIP Vales Villamarín e lles amosará o seu traballo: o musicado dunha curta!

Ao final de cada sesión, serán os pequenos e pequenas os que farán iso mesmo, con instrumentos sinxelos de percusión.

O lugar elixido, a biblioteca!

@bescolaresgal

Repensando a sexualidade

29/11/2023
Etc/GMT+1

Obradoiro sobre igualdade ofertado polo Concello de Betanzos, co gallo do 25N.

Charla sobre o Banco de Alimentos

15/11/2023
Etc/GMT+1

César de la Fuente, voluntario do Banco de Alimentos Rías Altas e Coordinador de Centros Educativos, acode a noso instituto para falarlle ao alumnado de 4º da ESO do traballo que realiza o Banco, da importancia da soliedariedade e da campaña Gran Recollida de Alimentos.

Viaxe cultural a Londres

27/09/2023
02/10/2023
Etc/GMT+1

Viaxe cultural na que alumnado de 4º da ESO visitou os lugares máis emblemáticos de Londres: British Museum, Covent Garden, King’s Cross, Camdem Town, Mamma Mia!, Westminster Abbey, London Eye, Globe Theatre, St. Paul’s Cathedral, National Gallery, Buckingham Palace, Science Museum, Natural History Museum, Hyde Park, Harrods, Oxford Street, Greenwich…

Tamén houbo tempo de percorrer brevemente Oxford: Oxford Museum, Bodleian Library…

Distribuir contido